Gadis inicia unha campaña solidaria para axudar a animais abandonados
Esta iniciativa colabora cun total de 69 protectoras das comunidades de Galicia e Castela e León
Gadis puxo en marcha a súa campaña solidaria 'Alimenta a Amizade' que vai xa pola súa cuarta edición, tras tres anos de celebración consecutiva. Esta iniciativa recollerá produtos de alimentación e hixiene en beneficio de 69 protectoras de animais de Galicia e Castela e León.
Nesta campaña participan un total de 202 Supermercados Gadis, que colaborarán con estas entidades que coidan aos animais que son abandonados a diario.
Desde mañá, 1 de outubro, ata o próximo día 10, os puntos de venda contarán con espazos habilitados para que os clientes poidan cooperar, se así o desexan, depositando os artigos para cans e gatos. A outra modalidade de colaboración é realizando unha achega económica ao pasar por caixa.
Voluntarios destas entidades reforzarán a informaciójn nos puntos de venda de Galicia e nos de Castela e León, que están repartidos polas provincias de Ávila, León, Salamanca, Valladolid e Zamora. Como nas tres edicións anteriores desta campaña, Gadis tamén realizará a súa propia doazón.
Escribe o teu comentario