Os beneficios de Escotet en Abanca equivalen xa ao orzamento anual do SERGAS
Só en dividendos, o banqueiro e a súa familia ingresaron persoalmente case 1.000 millóns desde que adquiriu Novagalicabanco, a entidade que o Estado rescatou gastando uns 9.000. Ademais, o banqueiro gastouse nestes anos outros 1.000 millóns máis en comprar outras entidades bancarias españolas e portuguesas.
Os resultados de ABANCA en 2025 non foron tan espectaculares como en 2024. Con todo, seguen referendando a magnífica xogada que se marcou Juan Carlos Escotet cando comprou Novagalicia Banco, a entidade resultante da fusión das caixas.
O hispano-venezolano comprou Novagalicia Banco (a entidade resultado da fusión de Caixa Galicia e Caixanova que estaba baixo xestión pública tras a crise do ladrillo) en decembro de 2013 por aproximadamente 1.003 millóns de euros nunha poxa organizada polo Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) do Estado.
Desde entón, Abanca declarou uns beneficios anuais que, cos 902 do ano pasado presentados onte, suman 5.962 millóns de euros, unha cantidade que supera, por exemplo, o orzamento do SERGAS para este ano.
Si restámoslle o que investiu na poxa para comprar Novagaliciabanco, a operación reflicte un beneficio duns 4.979 millóns de euros en trece anos, case cinco veces máis que o que se pagou pola entidade rescatada.
Aposta pola constante compra doutros bancos
Ao mesmo tempo, dedicou unha parte dos beneficios sacados de ABANCA á compra doutras entidades. A miúdo entidades de tamaño medio ou pequeno en dificultades, que foi a mesma táctica que usou para facer crecer o seu emporio de Banesco durante o chavismo en Venezuela.
En 2017, completou a adquisición de Popular Servizos Financeiros, a rama de crédito ao consumo do Banco Pastor, por preto de 39 millóns de euros, marcando a súa entrada no negocio do crédito ao consumo.
O grupo deu un salto internacional en 2018 coa compra da unidade comerciante polo miúdo de Deutsche Bank en Portugal —unha rede de oficinas e negocio de banca privada— reforzando a súa presenza no mercado luso, aínda que o importe da operación non foi publicado. Ese mesmo ano, Abanca impúxose como mellor ofertante para adquirir o negocio en España de Banco Caixa Geral de Depósitos, pechando a operación en outubro de 2019 por aproximadamente 384 millóns de euros, o que lle achegou miles de clientes, sucursais e unha maior pegada transfronteiriza.
A expansión continuou en abril de 2021 coa compra da rede de oficinas en España de Novo Banco, o banco portugués, nun acordo notable porque Abanca pagou simbólicamente un euro por este negocio, aínda que asumiu os activos e pasivos, reforzando a súa presenza en Madrid, Castela e León e outras rexións. Pouco despois, Bankoa, unha entidade do País Vasco, por uns 122 millóns.
En 2023 , Abanca culminou a compra de TARGOBANK España —filial do grupo francés Crédit Mutuel— nunha operación que supuxo un incremento de preto de 6.000 millóns de euros en volume de negocio. Na operación investiu uns 120 millóns de euros.
O movemento máis recente e relevante produciuse a finais de 2023 / mediados de 2024 coa adquisición do banco portugués EuroBic, pechada oficialmente en xullo de 2024 e valorada por diversos medios ao redor de 300 millóns de euros. Esta operación converte a Abanca nunha das principais entidades no mercado bancario luso e multiplicou por catro a súa base de clientes en Portugal.
Así que en total, Escotet gastouse uns 965 millóns de euros na compra de entidades ao mesmo tempo que facía pingües beneficios con Abanca. De feito, polo menos unha parte deses 965 millóns de euros proceden dos beneficios do banco galego segundo dedúcese do comunicado onte pola entidade, cando sinalou que a caída de beneficios nun 25% dun ano a outro se debeu á integración do banco luso.
Ademais de comprar outras sociedades, os beneficios que está a conseguir Escotet van en parte ao seu patrimonio persoal e familiar. Non en balde el ten aproximadamente o 85% de Abanca, un 43% a través da súa participación directa e o resto a través dunha sociedade familiar.
Por tanto, dado que a empresa indicou onte que abonará 92,8 millóns en dividendos este venres por beneficios de 2025, pódese estimar que o banqueiro se embolsará, aproximadamente, uns 78 millóns de euros en breve. En total, desde que Abanca empezou ha repartir dividendos -non o fixo nos primeiros anos e tampouco durante a crise do COVID- a entidade repartiu case 1.100 millóns en dividendos (máis do que pago por Novagalicia Banco) dos que a Escotet corresponderíanlle, aproximadamente, uns 970.
Canto diñeiro perdeu o Estado coa venda dos restos das caixas?
A cifra é realmente mareante e supón un dos capítulos máis custosos de toda a crise financeira española. O Estado inxectou un total de 9.052 millóns de euros de diñeiro público para tratar de salvar a entidade resultante da fusión entre Caixa Galicia e Caixanova (o que foi Novacaixagalicia e logo NCG Banco).
O máis doloroso desta historia non é só o diñeiro que se puxo, senón o que nunca volveu. Cando o Fondo de Reestruturación (o FROB) saneou o banco e deixouno listo para a venda, adxudicoullo ao grupo venezolano Banesco (o que hoxe coñecemos como Abanca) por 1.003 millóns de euros.
Si fas réstaa simple, o "buraco" ou perda definitiva para a contribuíntes rolda os 8.000 millóns de euros. Basicamente, o Estado puxo unha montaña de diñeiro para tapar as débedas e a mala xestión, e recuperou apenas unha novena parte ao vendelo. Foi o terceiro rescate máis caro da historia de España, só superado polo de CatalunyaCaixa e o xigante Bankia.
Que pasaría si o Estado quedouse coa entidade e xestionouna tan ben como Escotet?
Esta é unha pregunta que entra xa no campo da especulación financeira pero, tendo en conta que o banqueiro declarou uns 6.000 millóns de beneficios e investiu case 1.000 millóns de euros en adquisicións, pódese intuír que el Estado sería capaz de tapar o buraco da crise do ladrillo nos próximos anos. Iso si, si asumimos o improbable escenario de que unha banca pública fose capaz de aplicar a agresiva política de Escotet destes anos, marcada polo peche de entidades no rural e a redución de custos.
Escribe o teu comentario