Fin ao bloqueo da N-120 polas protestas dos tractoristas contra o pacto con Mercosur
A vía estivo cortado durante unha semana e pronto reabriá ao tráfico.
Policía Local de Ourense informou de que os tractoristas abandonaron na mañá deste venres a N-120, vía que permanecía cortada desde o pasado 17 de xaneiro e cuxa reapertura ao tráfico prevese para esta tarde. A retirada dos vehículos agrícolas pon fin, polo menos de momento, a un dos bloqueos viarios máis prolongados das últimas semanas na cidade.
Segundo fontes municipais, os manifestantes foron escoltados ao redor das 12.00 horas para facilitar a súa saída ordenada do centro urbano. Tras a marcha dos tractores, os servizos de mantemento traballan na limpeza da calzada para restablecer a circulación con normalidade canto antes.
FIN Ao BLOQUEO, PERO NON Ás PROTESTAS
Os participantes na tractorada, gandeiros e agricultores de distintos puntos da provincia, percorreron previamente varias rúas de Ourense antes de abandonar a cidade, nunha mobilización que se prolongou durante unha semana nun dos principais accesos á urbe. O colectivo mantén, no entanto, a súa intención de continuar coas protestas mentres non senten a negociar con representantes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
De feito, os convocantes insistiron en que o levantamento do corte non implica o fin das súas reivindicacións, senón un cambio de fase na mobilización. O seu obxectivo declarado é conseguir unha reunión política de alto nivel que dea resposta ás demandas do campo ourensán.
REIVINDICACIÓNS
Entre as súas principais esixencias figura que a Xunta de Galicia “aclare dunha vez” a situación ao redor da vacina fronte á Dermatosis Nodular Contaxiosa, unha enfermidade que preocupa especialmente ás explotacións bovinas. Os gandeiros reclaman certidumbre sanitaria e protocolos claros para evitar riscos nas súas cabanas.
Ao mesmo tempo, os manifestantes reivindican “seguir loitando” contra os recortes na Política Agrícola Común (#PAC), que, ao seu xuízo, comprometen a viabilidade económica de moitas explotacións familiares. O sector denuncia que a redución de axudas europeas e o incremento de custos deixa a numerosas granxas ao bordo do peche.
Ao peche desta edición, nin o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nin a Xunta anunciaran publicamente unha data concreta para a reunión solicitada polos representantes dos tractoristas. O movemento agrario ourensán advirte de que manterá a presión con novas accións se non percibe avances nas próximas xornadas.
Escribe o teu comentario