Eixo Atlántico presenta o seu novo informe socioeconómico, pondo o foco sobre a seguridade alimentaria

Arlindo Cunha e Fernando González Laxe analizan riscos e novas pautas de consumo no informe socioeconómico de 2024 da entidade.


|

Presentacion informe socioeconomico eixo atlantico 1
Foto: Eixo Atlántico


Eixo Atlántico pide aos municipios "un traballo de organización" dos agricultores locais coa vista posta no abastecemento e a seguridade alimentaria.

Faio no informe socioeconómico de 2024, un número dos seus cadernos de cooperación cuxos autores, Arlindo Cunha e Fernando González Laxe, presentaron este mércores na sede do Consello Económico e Social (CES).
 


En concreto, o documento alerta da "fragmentación" das explotacións agrícolas e a "desorganización actual" dos circuítos comerciais locais, que foron "pulverizados polas grandes superficies comerciais".

Ante isto, ve "especialmente necesario facer un traballo de organización dos agricultores locais, englobando a cooperativas e outras organizacións de produtores existentes, ou creando novas, si é necesario".

 

 

A ALCALDESA DE SANTIAGO APUNTA A MERCOSUR

No acto participou, xunto a Xoán Vázquez Mao e o presidente do CES, Manuel Pérez, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, que se mostrou a favor de "construír" seguridade alimentaria "desde o local" e apostou por actuacións como a creación de canles "directas", educación e sensibilidade para lograr un consumo "saudable e sostible".

En todo caso, apuntou que isto require "políticas coordinado" coa Xunta e existe unha "responsabilidade colectiva" á que chamou, no medio do debate polo acordo entre a Unión Europea e Mercosur.

 

RISCOS E PAUTAS DE CONSUMO

O economista e político Arlindo Cunha, pola súa banda, explicou os "riscos" existentes para a seguridade alimentaria na actualidade, por factores como o demográfico, e apostou polas "solucións de gobernanza".
 

Portada informe socioeconomico


Pola súa banda, González Laxe explicou os cambios nas pautas de consumo, con compradores "cada vez máis informados e responsables", pero enmarcados en diferentes "grupos de pertenza".
 


Ademais, a modo de exemplo, advertiu da "incoherencia" por cada vez destinar máis tempo a redes sociais e menos a cociñar e comprar alimentos. Non se discute o prezo dun produto tecnolóxico, pero si a alza de medio euro dun produto alimenticio, avisou.


Por último, o expresidente da Xunta analizou as tendencias en consumo de peixe, á baixa, e con maior compra por parte de quen teñen "máis tempo libre".
 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE