Arrinca o confinamento para galiñas galegas pola gripe aviaria; medo a unha inflación no prezo do ovo

A orde de pór en corentena ás aves de curral pesa sobre 40 municipios galegos desde este luns. 


|

Huevos precio
Foto: EP

 

Este luns comeza a corentena obrigatoria para as galiñas e aves de curral de 40 municipios galegos. Os animais deberán estar confinados desde este luns 10 de novembro por decreto do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que toma a medida á sombra dos datos que indican un aumento de casos de gripe aviaria, tanto en aves silvestres como de curral, con varios focos na comunidade galega, especialmente en puntos de Pontevedra. 

 

 

MEDIDAS EN 1.200 MUNICIPIOS

Desde Agricultura cren que existe unha "tendencia ao empeoramento da situación co conseguinte aumento de risco para España", polo que adoptaron medidas en distintos puntos do país, indicando que as aves deben permanecer gardadas en especios pechos e, cando iso ou sexa posible, deberá ser a autoridade competente a responsable de autorizar que as galiñas se atopen ao aire libre, emplenaod teas pajareras ou outros dipositivos axeitados que impidan a interacción entre as aves silvestres e as domésticas, que deberán ser alimentadas no interior das instalacions ou nun refuxio inaccesible para outros paxaros.
 

Gallinas y gallos
Foto: EP


A continuación, o Ministerio prohibe dar auga a estas especies procedente de depósitos aos que poidan acceder aves silvestres, así como a utilización de varias especies de paxaros como señuelo ou a cría de patos e gansos con outras aves de curral. Tampouco estará permitida, mentres dure a orde de confinamento, a presenza de aves de curral ou outro tipo de aves cativas en certames de gandeiros, mostras, exhibicións e celebracións culturais.

As restricións terán especial efecto en Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa, localidades declaradas como zonas de especial risco (ZER). Doutra banda, están as zonas de especial vixilancia (ZEV), onde se atopan Ortigueira, Cariño, Rianxo, Ribeira, Porto do Son, Dumbría, Mazaricos, Vimianzo, Zas, Ribadeo, Trabada, Vilar de Santos, Sandiás, Porqueira, Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Moaña, Vilaboa, Marín, Vilagarcía de Arousa, Meis, e Poio. En todas estas localidades deberán aplicar os confinamentos obrigatorios. 
 

 

Luís Planas, ministro de Agricultura, fixo este luns un chamamento "á serenidade" e salientou a necesidade de facer "un seguimento" ao desenvolvemento da gripe aviaria nos case 1.200 municipios nos que se decretou o confinamento. 

 

SUBIDA DO PREZO DO OVO?

Unha das preocupacións do Ministerio, ademais da saúde dos animais e a posibilidade de que a gripe poida saltar aos humanos ou outras especies, é que, neste cotexto, alguén "aproveite unha situación deste carácter para levar a cabo ningún tipo de acción especulativa". Xa no pasado experimentouse unha subida substanciosa no prezo dos ovos, pero agora témese que a inflación poida golpear con máis forza polo cativerio dos animais. 

 

Huevos supermercado
Foto: EP

 

A pesar de todo, Planas pide "non adiantar acontecementos, porque hai unha situación que o Goberno e o sector están a seguir de cerca" e insiste en que "a alimentación non é estática" e que se dan períodos onde "hai produtos que se consomen máis e outros que se consomen menos". A pesar de todo, si puntualiza que o ovo é uns recursos para moitas familias, aínda que "hai uns anos vinculábase a determinados problemas de saúde" a percepción cambiou e "hoxe en día é un produto recomendado, é unha proteína de primeira calidade e cun prezo moi alcanzable". 

 

 

Desta maneira, os datos reflicten que aumentou " nos últimos dous anos máis dun 30% o consumo de ovos no país" e as cifras tamén indican que creceron as exportacións ante o aumento da demanda e a situación que, en parte a gripe aviaria, provocou en mercados como o de Estados Unidos, onde recoñecían unha escaseza deste produto. 

 

 

Planas agrega que España é "o terceiro país xunto a Chipre e a Francia cos prezos da alimentación máis baixos dentro da Unión Europea, a pesar de que se incrementaron, sobre todo desde a guerra de Ucraína no conxunto da Unión Europea e do mundo", pero reitera que o Goberno estará vixiante sobre calquera movemento estraño nos prezos do ovo.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE