CCOO denuncia chamadas de Medio Rural para cubrir prazas mentres a Xunta pide máis medios ao Goberno

Para CC.OO., esta convocatoria "confirma as denuncias sobre a grave situación que atravesa o dispositivo debido á falta de cobertura de prazas e á non substitución de baixas de longa duración"


|

Vecinos y vecinas de Vilela mientras se acercan las llamas a la localidad.
 


O sindicato CC.OO. denunciou que a Consellería de Medio Rural realizou na pasada xornada un chamamento "urxente" para cubrir 117 postos vacantes no Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF), que inclúen prazas de emisorista-vixiante, bombeiro forestal, bombeiro forestal xefe de brigada e bombeiro forestal condutor-motobomba.

Para CC.OO., esta convocatoria "confirma as denuncias que o sindicato vén realizando desde febreiro de 2025 sobre a grave situación que atravesa o dispositivo debido á falta de cobertura de prazas e á non substitución de baixas de longa duración".

"En Ourense, a situación é especialmente crítica, con 25 vacantes sen cubrir (máis de 200 en toda Galicia), o que afecta a brigadas, motobombas, puntos de vixilancia e centros de coordinación", esgrimiu, nun comunicado.

O sindicato lembra que esta "carencia de persoal" condiciona "gravemente" a eficacia do operativo de extinción e incrementa os riscos para os profesionais, que xa desenvolven un traballo de alto perigo mesmo en condicións excelentes. "É inaceptable e inxustificable que, en plena vaga de lumes e a mediados de agosto, Medio Rural non teña cubertas todas as prazas do SPIF", subliña Óscar Rodríguez González, delegado de CC.OO. e presidente do Comité de Empresa da Consellería de Medio Rural en Ourense.

Tamén a deputada do PSdeG Carmen Dacosta manifestou a súa preocupación tras concocer a denuncia sindical que alude a "a existencia de preto de 200 prazas vacantes no servizo galego de prevención de lumes en plena catástrofe incendiaria".

A portavoz socialista de política forestal no Parlamento galego lamentou que esa información "confirma o que vén dicindo ano tras ano, que hai unha falta de previsión na cobertura de prazas", ante a que Medio Rural se viu "obrigada" a facer "un chamamento urxente" para contratar persoal.

"Cando onte se reclamaba transparencia, tamén nos referiamos a isto, a que se informe e asúmanse responsabilidades en lugar de desviar a atención", manifestou a deputada socialista.

BAIXAS DESTES DÍAS
Consultado por Europa Press, o departamento que dirixe María José Gómez defendeu que "o índice de cobertura de prazas é de case o 100%".

"Actualmente o que se está facendo é cubrir as prazas que deixan as baixas que se están producindo ao longo destes días e así poder executar o servizo ao completo", defenden as fontes da Consellería de Medio Rural.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE