Case unha vintena de polígonos de bateas pechados nas rías galegas polas toxinas que ameazan ao mexillón
Un peche na ía de Arousa e o outro na de Vigo cifra en 19 os polígonos afectados neste momento.
O peche de dous polígonos mexilloeiros este luns, un deles na ría de Arousa e o outro na de Vigo, eleva a case 20 o número deles afectados pola presenza de biotoxinas en Galicia, segundo a información do Intecmar (instituto tecnolóxico para o control do medio mariño), que recolle Europa Press.
En concreto, deste luns día 12 figura a decisión de pechar os cultivos en batea dos polígonos Grove C4 (na ría de Arousa) e Cangas G (na de Vigo).
Eles súmanse a peches producidos con anterioridade por presenza de biotoxinas en Arousa o pasado día 9, na ría de Muros-Noia o día 5 e en Pontevedra o día 3, entre outros.
En total, a listaxe do Intecmar dá conta da situación de 56 polígonos mexilloeiros, polo que o dato dos pechos supón o 34%.
Escribe o teu comentario