Sánchez apunta a "operadores privados" e promete que o apagamento non volverá ocorrer

Mentres o país volve á normalidade case total, empeza a pelexa política por derimir culpas. O presidente pide contas ás eléctricas.


|

Pedro Su00e1nchez y Felipe VI en la reuniu00f3n del Consejo de Seguridad Nacional
Pedro Sánchez e Felipe VI na reunión do Consello de Seguridade Nacional

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou a creación dunha comisión de investigación do Consello de Seguridade Nacional, que liderará o Ministerio de Transición Ecolóxica, e garantiu que o Goberno esixirá as "todas as responsabilidades pertinentes" aos operadores privados de electricidade.

 

Nunha comparecencia desde Moncloa, o xefe do Executivo valorou positivamente o informe de Rede Eléctrica no que descarta a posibilidade de que o apagamento se producise por un ciberataque, aínda que no entanto o Goberno fará "unha análise independente" con "todos os resortes" do Estado para determinar o motivo da interrupción enerxética.

 

"Imos esixir todas as responsabilidades pertinentes aos operadores privados. Para iso, o Goberno de España, no seu Consello de Seguridade Nacional, creou unha comisión de investigación liderada polo Ministerio de Transición Ecolóxica", detallou.

 

Detalles do ocorrido o 28 de abril

O presidente dixo que ás 12:33 do mediodía, produciuse un fallo no sistema eléctrico que provocou unha interrupción significativa en varios servizos esenciais. "Este incidente require unha investigación exhaustiva para determinar as causas exactas", pero tamén para implementar as medidas necesarias e realizar as melloras oportunas para evitar que volva repetirse, asegurou.

 

A xuízo de Sánchez, a pesar do contratempo "quedou demostrado que o noso sistema tecnolóxico é un dos máis avanzados do mundo, cunha capacidade de resposta e diagnóstico que foi clave para a recuperación progresiva dos servizos".

 

Do mesmo xeito, dixo que durante estas últimas 24 horas, unha vez máis, "o máis destacable foi a reacción exemplar da cidadanía. A poboación respondeu con comprensión, civismo e responsabilidade, estando unha vez máis á altura das circunstancias".

 

Máis reunións

Para dar seguimento á situación e coordinar accións, están previstas novas reunións do Comité de Seguridade ás 14:00 e ás 19:00 horas. Nelas avaliaranse " os avances, axustaranse protocolos e reforzaranse as decisións operativas".

 

Sánchez terminou o seu discurso reiterando" o noso compromiso coa transparencia e a rendición de contas: chegaremos até o final en rsta investigación e depuraremos todas as responsabilidades que correspondan".

 

A intervención do xefe do executivo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE