Sargadelos: Segismundo García abre tras arrincar á Xunta a promesa de subvencionar obras
As deficiencias polas que foi multadas non supoñen un risco inminente para os traballadores, segundo Inspección de Traballo, a pesar de que dúas operarias caeron enfermas de silicoses, pero son necesarias melloras. O empresario logrou que a Xunta prometa financiar a remodelación do complexo industrial, que é tamén Ben de Interese Cultural.
A dirección da empresa Sargadelos e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración alcanzaron un acordo para o reinicio da actividade produtiva na planta de Cervo, en Lugo, "o máis axiña posible".
Segundo trasladaron fontes consultadas por Europa Press, o acordo produciuse tras una reunión mantida este luns entre o administrador de Sargadelos, Segismundo García, e o titular de Emprego, Comercio e Emigración do Goberno galego, José González.
Conforme transcendeu, existe un compromiso da Consellería e da empresa para realizar un estudo das posibles melloras na protección dos traballadores.
A entidade indicou que a Inspección de Traballo aclarou no seu escrito do 4 de abril que os niveis de exposición dos traballadores están dentro dos límites legais e as deficiencias advertidas non supoñen risco inminente para os traballadores. Ademais, indicou que, "tendo en conta as especiais características do edificio, poden flexibilizar, no seu caso, os prazos sinalados".
Así mesmo, apuntou que a Consellería ofrece a Sargadelos a plena colaboración e sensibilidade para implantar as melloras precisas para a protección da saúde dos traballadores. Ademais, explica que "se como consecuencia diso fose necesario asumir novas obras de adecuación das instalacións, a Xunta comprométese a apoiar a súa realización, tendo en conta a especial singularidade das instalacións, cualificadas como Ben de Interese Cultural (BIC)".
A fábrica de cerámica Sargadelos en Cervo, Lugo, atravesa actualmente un conflito que resultou no seu peche temporal decretado polo dono. Este emblemático taller, recoñecido polo seu valor cultural e histórico en Galicia, atópase no centro dunha disputa entre o seu propietario, Segismundo García, e a Inspección de Traballo, desencadeada por problemas de seguridade laboral.
Todo comezou cando a Inspección de Traballo identificou 36 deficiencias nas condicións da planta de Cervo, relacionadas coa seguridade e a saúde dos traballadores. Entre os riscos sinalados está a exposición a sílice cristalina, que provocou problemas de saúde nalgúns empregados. Hai polo menos dous proletarias enfermas de silicoses.
Como consecuencia, as autoridades impuxeron unha multa de 5.000 euros e esixiron á empresa corrixir estas irregularidades de inmediato.
Ante a presión e a imposibilidade de cumprir coas reformas no prazo estipulado, Segismundo García anunciou o peche da planta a pesar da nimia contía da sanción e que Sargadelos leva ano dando beneficios. Nunha carta dirixida á Inspección de Traballo, xustificou a súa decisión alegando dificultades para emendar as deficiencias a tempo. Ao día seguinte, os traballadores chegaron á fábrica e atoparon as portas pechas, o que xerou unha onda de incerteza e preocupación pola perda de empregos e o futuro da empresa.
Os Traballadores: O persoal expresou a súa inquietude ante a falta de claridade sobre a súa situación laboral. Propúxoselles adiantar as súas vacacións durante o peche, pero moitos rexeitaron esta medida. O conselleiro de Emprego, José González (#PP), interveu como mediador para buscar unha solución que garantise a continuidade da fábrica. Pola súa banda, o Ministerio de Traballo, que goberna Sumar, pediron unha reunión urxente coa dirección de Sargadelos para abordar o conflito. Non houbo encontro cos de Yolanda Díaz.
Tras negociacións a semana pasada, García comunicou aos empregados que non haberá despedimentos e que espera reabrir a planta pronto. Segundo el, clausúraa era unha medida temporal destinada a protexer a seguridade dos traballadores mentres se implementan as melloras requiridas.
Sargadelos non é só unha empresa, senón un símbolo da identidade galega, o que elevou o perfil do conflito e a presión pública para atopar unha resolución.
Escribe o teu comentario