CC.OO. expulsa a González Cibe, secretario de industria denunciado por acoso sexual
O sindicato toma a decisión despois de apartalo nun primeiro momento tras coñecer a denuncia esta mesma semana.
CC.OO. decidiu expulsar do sindicato ao secretario xeral comarcal de Industria en Santiago-Barbanza, José María González Cibes, denunciado por acoso sexual, segundo confirman fontes da central consultadas por Europa Press.
González Cibes fora suspendido pola organización tras recibir esta unha denuncia en relación a proposicións de índole sexual e represalias tanto no sindicato como nunha conserveira.
A comisión de garantías da federación de industria é a que tomou a decisión da expulsión, que foi comunicada este venres ás partes. Agora, a medida pode ser recorrida na comisión de garantías confederal.
CC.OO.-Industria estatal asegura que tivo coñecemento da denuncia a finais do ano pasado e que foi entón cando se pediu a apertura de expediente a González Cibes.
A partir de aí, expón esta federación, activouse o protocolo da organización, que ten un procedemento marcado, que neste caso levou a constitución dunha comisión instrutora e a adopción de medidas cautelares, até a decisión da expulsión.
Escribe o teu comentario