A xaponesa Orix pide dous parques eólicos mariños; xa van 23 solicitados, ningún de capital galego

A carreira pola eólica mariña en Galicia suma un novo competidor con mucjo peso a nivel internacional. Outra compañía disposta a investir no país nun incipiente sector no que, por certo, aínda non hai ningún gran investidor galego.

 


|

Makoto Inue CEO de Orix en una foto de la empresa de Japu00f3n
Makoto Inue CEO de Orix nunha foto da empresa de Xapón

 

O conglomerado xaponés Orix Corporation, a través da súa filial española Elawan Energy, presentou plans para desenvolver dous parques eólicos offshore en augas galegas, cada un cunha potencia de 495 megawatts (MW). Os nipóns xa presentaron a solicitude ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO).

 

Esta iniciativa súmase á crecente lista de proxectos similares no páis, consolidando a Galicia como un punto focal para o desenvolvemento de enerxía eólica mariña en España. Sen dúbida, unha gran noticia para sectores como os estaleiros -Navantia está a consolidarse como unha das referencias no sector- pero un motivo de precupación para o debilitado sector pesqueiro.

 

Ao fío da nova normativa, van xa 23 propostas para parques eólicos fronte a Galicia que suman 14.600 MW . Por agora, ningunha de capital galego, dáo argumentos aos que entenden que a autonomía soporta unha estrutura económica similar ao dunha colonia.

 

 

 

Son logicamente moitas mais das que se terminarán facendo. No sector da eólica mariña existe até certo punto unha burbulla, senón de investimentos reais, polo menos si de investimentos na elaboración de proxectos, A redacción destes proxectos non é barata, aínda que si facilmente asumibles por corporacións do tamaño de Orix.

 

Un xigante con investimentos por todo o planeta

Orix Corporation, fundada en 1964, evolucionou desde as súas orixes en servizos financeiros até converter nun conglomerado global con presenza en 28 países. Cunha capitalización bolsista de aproximadamente 24.000 millóns de euros e máis de 34.000 empregados, a empresa fixo das enerxías renovables unha peza crave da súa estratexia de crecemento.
 

Os proxectos, denominados Elawan NOR 3 e Elawan NOR 4, situaríanse na zona limítrofe entre as provincias de Lugo e A Coruña, aproveitando áreas designadas nos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) aprobados polo Goberno en 2023. O parque Elawan NOR 3 situaríase nun cuadrilátero de 112 quilómetros cadrados entre a Costa Ártabra e a Ría de Ortigueira, co seu punto máis próximo a terra a uns 23 quilómetros do Cabo Ortegal.

 

 

A onda de proxectos de eólica mariña está a xerar oportunidades de negocio pero tambioén polémica.A normativa vixente obriga aos promotores a negociar con "os actores afectados" e a "maximizar as externalidades positivas" dos proxectos, buscando un equilibrio entre o desenvolvemento enerxético e o impacto local.

 

O sector pesqueiro han expresado preocupacións mediante iniciativas como o chamado Manifesto Burela sobre como estes desenvolvementos poderían afectar as súas actividades tradicionais. Con todo, o país tamén albisca oportunidades para a creación de emprego e o impulso industrial dunha autonomía que viu desaparecer a varias das súas grandes compañías nos últimos anos.

 

 

 

Orix realizou importantes investimentos en España e Europa, destacando a súa adquisición de Elawan Energy, unha empresa española especializada no desenvolvemento, construción e operación de proxectos de enerxía solar, eólica, xeotérmica e minihidráulica. Orix adquiriu inicialmente o 80% de Elawan en 2021 e completou a compra do 100% en 2023, consolidándoa como unha das súas principais filiais no sector enerxético. Elawan opera en 14 países, cunha carteira que inclúe máis de 1.290 megawatts (MW) de proxectos operativos e ao redor de 7,3 gigavatios (GW) en construción ou desenvolvemento.

 

A empresa ten como obxectivo alcanzar unha capacidade instalada de 10 GW en proxectos renovables para 2030, o que reflicte a súa aposta coa transición enerxética . Ademais de Elawan, Orix investiu noutras empresas líderes no sector, como Greenko en India e Ormat, especializada en enerxía xeotérmica.

 

 

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE