A Cidade do TIC acolle unha nova edición da Corunna Innovate Summit

O evento terá lugar a partir do próximo xoves 24 de outubro na Cidade do TIC da Coruña. 


|

CSA 1
Foto: UDC

 

Como cambiará a nosa vida coa IA? Como de desenvolvida está actualmente? Existen riscos? Estas son só algunhas das preguntas que pode espertar o uso da Intelixencia Artificial, unha tecnoloxía con anos de desenvolvemento e teoría ás súas costas pero á que só empezamos a asomarnos con todas as súas potencionalidades. A estas cuestións e outras poderán dar luz na Corunna Innovate Summit, unha nova edición dun foro onde as novas tecnoloxías e os expertos que as dominan toman a palabra. 

 

O CSA da Cidade do TIC na Coruña será sede deste evento que se celebrará na cidade herculina do 24 ao 25 de outubro. A IA, o Big Data ou o Machine Learning son algúns dos asuntos que os invitados ao evento tratarán de desenvolver nunha cita que congregará a empresas, startups e profesionais do sector tecnolóxico como Amparo Alonso, Paco Nathan, Rocío Vega Martínez ou Antonio Fabregat.

 

A elección da Coruña non é nin moito menos unha casualidade considerando que a herculina é a casa da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA). Os organizadores da Coruña Innovate Summit convidan a todos os interesados a acucir a este ciclo, que arrinca ás 16 horas do próximo xoves 24 de outubro, para coñecer máis sobre as solucións dixitais, as novas oportunidades, vantaxes e a innovación que rodea a este campo. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE