Subvencións da Xunta para coches eléctricos e puntos de recarga

As axudas varían entre os 9.000 euros e os 700 euros en función do modelo de vehículo e do tipo de solicitante. As persoas físicas, autónomos, comunidades de propietarios e outras administracións son as que recibirán maiores contías.


|

Recarga de coche eléctrico
Recarga de coche eléctrico

 

 

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, lembrou que o prazo de solicitudes do plan Moves III, para a compra de coches eléctricos e outros vehículos eléctricos e a instalación de puntos de carga, segue aberto.

A conselleira visitou este mércores o Palacio da auga do Balneario de Mondariz onde enxalzou a aposta dese complexo termal pola sustentabilidade e a innovación e destacou que "está adaptado aos novos tempos" e son beneficiarios dunha axuda do plan Moves III co que instalaron sete novos cargadores eléctricos.
 

 


Neste sentido, a conselleira lembrou que o Instituto Enerxético de Galicia (#Inega) ampliou até final de ano o prazo de solicitudes deste programa co obxectivo de conceder os fondos que aínda están dispoñibles.

En concreto, desde que se abriu a convocatoria en 2021, rexistraron preto de 10.000 solicitudes, cunha media de 270 solicitudes ao mes, das que a Xunta resolveu máis do 80%, cun investimento mobilizado superior aos 210 millóns de euros.

As axudas van destinadas á compra de vehículos eléctricos e á instalación de puntos de carga.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE