Galicia ten a metade de débeda pública en proporción que Cataluña, aínda que crece

Os últimos datos mostran que son as comunidades mediterraneas -como Valencia, Murcia ou Cataluña- as máis endebedas. As máis saneadas son as comunidades forais -País Vasco e Navarra- xunto a Canarias e Madrid.  


|

Archivo - El edificio administrativo de la Xunta en San Caetano, en Santiago de Compostela, iluminado de color verde con motivo del Día Mundial de las Enfermedades Raras.
 


A débeda de Galicia sitúase en 12.397 millóns de euros no primeiro trimestre de 2024, o que supón a segunda maior cifra na serie histórica, segundo os datos publicados polo Banco de España este venres.

Este dato supón un incremento de 227 millóns fronte aos 12.170 millóns cos que pechou 2023, aínda que está por baixo dos 12.608 millóns do primeiro trimestre de 2023, maior cifra histórica.

No tocante á débeda respecto ao PIB está no 16,2% no primeiro trimestre de 2024, unha décima máis que o 16,1% co que concluíu 2023. Na comparativa interanual, hai un descenso de máis dun punto respecto ao 17,6% que se computaba no primeiro trimestre de 2023.

 



Pola súa banda, a débeda das comunidades autónomas creceu no país até os 329.000 millóns de euros entre xaneiro e marzo, o 22,2% do PIB, cun aumento interanual do 2%.

 



COMPARATIVA POR COMUNIDADES
Na comparativa por comunidades, Galicia ocupa o sétimo lugar por volume total, por detrás de: Cataluña (87.253 millóns), Comunidade Valenciana (57.676 millóns), Comunidade de Madrid (38.358 millóns), Andalucía (38.302 millóns), Castela-A Mancha (16.163 millóns) e Castela e León (13.833 millóns).

Así mesmo, é a duodécima comunidade (sexta pola cola) con menor débeda por PIB, coa Comunidade Valenciana co peor cociente (41,5%).

 



FALTA DE ENTREGAS A CONTA
Pola súa banda, a Consellería de Facenda destaca que Galicia reduciu a súa débeda en 211 millóns no último ano, cun descenso de 1,4 puntos. A Xunta subliña que é a cuarta autonomía de réxime común con menor débeda respecto de PIB.

Ademais, xustifica como "puntual" o aumento do 1,9% intertrimestral no endebedamento do primeiro trimestre de 2024 e indica que está "provocado pola falta de actualización por parte do Goberno central das entregas a conta do sistema de financiamento autonómico". Sinala que se empregou para "garantir a liquidez e compensar os prexuízos" desta situación ao non ser achegado a comezos de 2024.

Precisamente, esta mesma semana o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, demandou ao Goberno central que actualice, "dunha vez por todas, as entregas a conta para este exercicio", xa que "ten un prexuízo de dous millóns de euros ao día para Galicia, polo que se acumulan xa 300 millóns de euros" no que vai de ano. Apunta que isto provoca "o conseguinte gasto en intereses de catro millóns de euros".

Mentres, a débeda por habitante sitúase na comunidade galega en 4.582 euros, 2.209 euros menos que a media de comunidades de 6.790 euros. 

 

Rd7oU deuda sobre el del pib
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE