Accidente laboral a morte dun operario nunha nave de Cicasa (Campañó, Pontevedra)
O operario estaba no tellado dunha nave do Complexo Industrial de Campañó cando caeu. A Policía investiga porqué o arnés que levaba posto non evitou o suceso.
Un home faleceu na tarde deste mércores ao caer do tellado dunha casa situada na parroquia de Campañó, no Concello de Pontevedra.
A Policía Nacional, segundo apunta Diario de Pontevedra, xa está a investigar os feitos. En concreto, como puido caer se levaba posto un arnés de seguridade. O obreiro estaba a realizar tarefas de reaparación no alto do inmoble.
Esa cabeceira sitúa o sinistro en Complexo Industrial de Campañó, vinculado co Grupo Nogar.En 2022 o Concello de Pontevedra precintar de maneira cautelar e provisional unha das naves deste complexo, situado na Xunqueira de Alba, por supostos problemas de seguridade, que o Grupo Nogar desmentiu.
Segundo informou o CIEA 112 Galicia a Europa Press, foi un particular quen chamou aos servizos de emerxencia para pedir atención sanitaria urxente para o home, que caera dunha altura duns 15 metros cando se atopaba traballando no tellado.
Ao momento acudiron os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia, a Policía Nacional, a Policía Local e efectivos de Protección Civil. Con todo, os servizos sanitarios confirmaron o falecemento do home.
Escribe o teu comentario