Axudas para o pago do aluguer da Xunta: a quen beneficia, canto cobre e "prezos" por zonas

No caso de familias numerosas, ou aquelas que acrediten que algún dos seus membros sofre unha discapacidade, o tope do Iprem establecerase entre catro e cinco veces por encima. 


|

Cielo nublado y húmero en Santiago de Compostela, a 9 de agosto de 2023.
Edificios de vivendas de Santiago de Compostela

 

A publicación no Diario Oficial de Galicia (#DOG) anunciou a semana pasada a apertura do prazo para presentar as solicitudes para o acceso ás axudas para o pago do aluguer da Xunta de Galicia. A convocatoria, dotada con 20 millóns para os anos 2024 e 2025, teñen unha serie de pormenores que poden axudar máis ou menos aos solicitantes, dependendo dos requisitos que cumpran

 

AXUDAS Ao 60%

Dependendo do colectivo ao que pertenza o beneficiario, a axuda pode chegar a cubrir até o 60% do aluguer. Gozarán dun importe maior os menores de 36 anos, as familias numerosas e monoparentais, os emigrantes retornados a Galicia recentemente -sempre que tivesen unha estancia mínima de dous anos fóra de España- e as persoas inscritas desde fai máis dun ano no Rexistro único de demandantes de vivenda protexida. 

 

AXUDAS DO 50 Ao 30%

Noutros supostos, as axudas serán de entre o 50 e o 30% do custo do aluguer. Dependerá dos ingresos dos beneficiarios para, segundo explica a Xunta, "garantir un funcionamento máis xusto e distributivo do programa". 

 

Desta forma, e con carácter xeral, os ingresos da unidade de convivencia non poden superar por tres o Iprem (25.200 €/ano). Consecuentemente, canto máis baixo sexa o nive de ingresos maior será a porcentaxe da renda subvencionada. No caso de familias numerosas, ou aquelas que acrediten que algún dos seus membros sofre unha discapacidade, o tope do Iprem establecerase entre catro e cinco veces por encima. 

 

Alquiler edificio
Foto: EP

 

DIVISIÓN POR ZONAS

Esta convocatoria limita o prezo do aluguer das vivendas para as que se solicita a axuda dependiento do municipio nas que se atopen. De estaforma, e segundo o catastro da vivenda, establécense tres niveis:

 

-As sete cidades: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra. Trátase das zonas cos prezos máis altos e onde a renda máxima queda fixada en 600 euros.

-Concellos da 'zona 1': agrupa as vilas e os municipios de carácter urbano, onde o límite se establece nos 550 euros.

-O resto de Galicia: o arrendamento non debe superar os 425 euros.

 

As solicitudes das axudas presentaranse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE