As tormentas das últimas semanas botan por terra gran parte da produción de cereixa galega
Os produtores de cereixa da zona de Chantada (Lugo) e de municipios do sur de Lugo como O Saviñao perderon as súas colleitas polas tormentas caídas na última semana.
O campo nota especialmente o impacto da inestabilidade atmosférica que acompañou a Galicia nestas últimas semanas, especialmente en zonas da Ribeira Sacra.
En Chantada e O Saviñao dan por perdida unha parte moi significativa da produción. Os produtores esperan que as administracións lancen liñas de axudas.

Os produtores de cereixa da zona de Chantada (Lugo) e de municipios do sur de Lugo como O Saviñao perderon as súas colleitas polas tormentas caídas na última semana.
En declaracións a Europa Press, Alfonso Regal, produtor de Pincelo, en Chantada, lamenta que a tormenta "fixo moito dano" en diferentes variedades desta froita, pois "as abriu todas, non se puido coller nada e quedaron todas nas árbores".
Explica que, "por desgraza, en parte da ribeira, en Santiago de Arriba e na Sariña tamén caeu pedra", xusto nun momento de recollida na que a cereixa "estaba en condicións".
Regal apunta que as zonas máis afectadas atópanse en San Pedro de Líncora, Nogueira e Quintelo. "Por esta zona nosa á beira do Miño non quedou nada", quéixase.
Agora, trasladarán a súa situación ao Concello de Chantada de face a que as diferentes administracións poidan axudar aos produtores pola campaña perdida.
Escribe o teu comentario