O DOG publica este luns outros 5 millóns do programa Impacto Autónomo

As axudas poderán solicitar até o vindeiro xoves, 9 de febreiro


|

Tienda, comercio
Arquivo - Escaparate dun comercio local

O Diario Oficial de Galicia publicará este luns, día 6 de febreiro, a ampliación do crédito de 5 millóns de euros destinado ao programa Impacto Autónomo. Esta ampliación foi autorizada o xoves pasado polo Consello da Xunta e as axudas poderán solicitar até o vindeiro xoves, día 9 de febreiro.

 

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou este sábado na cidade da Coruña o apoio do Goberno galego ao emprego autónomo, que está "reforzado" para axudar ás persoas traballadoras por conta propia no inicio da súa actividade e tamén na consolidación dos negocios.

 

Lorenzana subliñou que a Administración autonómica investirá este ano máis de 65 millóns de euros para impulsar de forma específica a actividade económica deste sector.

A conselleira de Promoción do Emprego visitou este sábado a tenda de venda de produtos sostibles para nenos e nenas Pinocchio e Cía, así como o restaurante Eclectic, onde estivo acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor.

 

Da partida inicial de 30 millóns de euros, que se publicaron o pasado 4 de xaneiro, sumaranse agora outros 5 millóns, até completar os 35, para tratar de chegar a 30.000 profesionais. Con esta iniciativa, está a "compensarse o incremento dos sectores derivados da inflación", que están a padecer as persoas traballadoras por conta propia e as microempresas.

Estas axudas poderanse solicitar até o próximo 9 de febreiro e son compatibles con calquera outro apoio da Xunta dirixido ao colectivo de emprego autónomo.

Na primeira convocatoria destas axudas, foron numerosas as queixas polo atasco e o esgotamento das subvencións pasada a medianoite, o que fixo dificultoso ou imposible a tramitación para moitos posibles beneficiarios, xa que se concedían por orde de solicitude. Tras os problemas, Emprego comprometeuse a mellorar a metodoloxía.
 

OUTRAS AXUDAS

Para o colectivo autónomo, está aberto o prazo de solicitude para optar aos apoios do Xempre Autónomo (Promoción do Emprego Autónomo), para impulsar e apoiar o inicio da actividade por conta propia; e o Bono Autónomo, que permitirá a consolidación e mellora da competitividade de negocios de persoas traballadoras autónomas.

A conselleira, para finalizar, apuntou que a Xunta "seguirá traballando para propiciar un clima de estabilidade, de certeza e de confianza, especialmente para as persoas traballadoras autónomas, ás que non deixarán de apoiar nas medidas das súas posibilidades".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE