Folga en Televés na Coruña l xoves para renovar un novo convenio colectivo
Avanzan que, se non se atenden as súas reclamacións, irán á folga desde o día 23 de xaneiro
Os traballadores de Televés SAU na provincia da Coruña farán este xoves, día 12, un primeiro paro para reclamar que a compañía negocie cos seus representantes sindicais un novo convenio colectivo.
Así o informou a CIG nun comunicado do comité de folga no que sinalan que nos últimos meses tentaron negociar coa dirección un novo convenio colectivo, aínda que sen éxito.
A súa pretensión, apuntan, é "que se garanta o mantemento do poder adquisitivo dos salarios dos traballadores". "Ante a posición inamovible da empresa de presentar propostas con perdas salariais para os traballadores, o cadro de persoal, reunido en asemblea, decidiu ir á folga cun 94% de respaldo" e apoio de CIG e UXT, os dous sindicatos con representación no comité.
O xoves, día 12, está previsto un primeiro día de paro e, se as súas reivindicacións non son atidas, avanzan que arrincarán o 23 de xaneiro unha folga indefinida nos centros Televés SAU da provincia da Coruña.
Escribe o teu comentario