A presenza de España no Mundial queda case garantida, coa incógnita de si hai oco para 'O Panda'
O futbolista santiagués é nestes momentos o único galego que entrou nos plans de Luís de la Fuente.
4-0 e a outra cousa. A goleada de onte ante Bulgaria en Valladolid deixa á Selección Española a tiro de pedra para clasificar ao Mundial de Estados Unidos, México e Canadá do próximo verán. Sendo xustos, o novo sistema fai moi difícil que 'A Vermella' puidese quedar fóra da loita nun grupo onde compite con Xeorxia, Turquía e a citada Bulgaria. A vixente campioa de Europa infligió un severo castigo aos tracios, últimos na clasificación e capaces de facer un único gol en catro partidos. Unha vitoria máis ante Xeorxia ou esperar un tropezo ante Turquía deixará a España matemáticamnte clasificada para a Copa do Mundo, onde quen sabe si haberá un representante galego.
O PANDA SEN PEGADA
A seguinte chamada a filas será en novembro. Nesta ocasión, ante a praga de lesións, o seleccionador nacional convocou a un Borja Iglesias desaparecido dos plans de España desde hai anos, desde moito antes da saída de Rubiales como presidente da RFEF. No entanto, 'O Panda' deulle a volta á tortilla co seu espectacular arranque de campionato co Celta de Vigo, sendo o máis destacado no pobre inicio dos celestes.
O compostelán sumou medio tempo contra os bulgaros e uns 26 minutos ante Xeorxia. A súa participación de onte resúmese en tres remates, dous deles entre paus, un 70% de acerto nos pases e apenas catorce contactos co balón en 45 minutos. A España foille ben cos ensaios sen un nove puro, con Oyarzabal ou Ferran facendo as funcións de ariete. Morata parece perder corda coa Selección e agora está en disputa o posto de suplente e alternativa en ataque.
Aquí, ademais do de Borja Iglesias, emerxen outros nomes, como o de Samu Omorodion, titular onte e cun resultado tan morno que o do xogador galego. Gerard Moreno, Ayoze ou mesmo Bryan Zaragoza foron habituais da Vermella no seu momento, pero hoxe talvez o posto de artilleiro sexa o que máis baila e só o que chegue coa pólvora cargada en maio terá billete para o Mundial, tendo en conta que futbolistas de ataque como Lamine Yamal, Nico Williams, Baena, Olmo, Fermín ou Yeremi Piñeiro parecen fixos, ademais doutros recursos como subir a Mikel Merino como xa fixo Arteta.
E OUTROS GALEGOS?
Outro tema son os galegos que poderían ter oco nesta selección. Borja Iglesias está na pelexa, pero hai outros que poderían merecer a chamada do seleccionador. O exemplo máis claro é o ferrolán Álvaro Carreras, que acaba de chegar ao Real Madrid e facer dono da sinistra do Bernabéu. O problema é que Grimaldo e Cucurella parecen hoxe inamovibles. Só a lesión dun dos dous ou un bajón de forma podería abirle as portas.
Máis difícil, se cabe, teno Santi Comesaña. Aínda que raiando a moi alto nivel nun Vilarreal de Champions, Comesaña vellas con Zubimendi, Pedri ou Rodri nun centro do campo de moitos quilates onde talvez tampouco haxa oco para Gavi ou Marc Casadó. De igual maneira, practicamente imposible está o regreso de Joselu, campión de Europa e último galego en afianzar con España,, pero fóra dos plans de 'A Vermella' despois da súa partida ao fútbol asiático, onde o ritmo de competición non é tan exixente e onde esta circusntancia, sumada á súa idade, descártano, a primeira vista, do Mundial de 2026.
Escribe o teu comentario