Un discreto Jonathan Barreiro engorda o seu palmarés con outra Intercontinental para Unicaja Málaga

O de Cerceda suma outro cordón ao gañar o título mundial cos malacitanos.


|

G1YBdtYboAAJ2Cb
Foto: Unicaja 

 

E con este xa son sete os títulos que acumula Jonathan 'Magic' Barreiro na vitrina da súa casa. É máis da metade dos grantes premios conquistados polo seu club, o Unicaja Málaga, na longa historia do club andaluz, que vén de facerse coa súa segunda Intercontinental, que se traduce no 11º título que xa voa ao museó dos malacitanos tras gañar 71-60 ao equipo de estrelas da G-League.

 

OUTRO PARA O PETO

O xogador de Cerceda apenas destacou na vitoria dos de verde sobre este combinado estadounidense, que complicou as cousas até o final para os de Ibón Navarro, que se sobrepuxeron ás adversidades para manter o pleno: sete de sete nas finais desde que o preparador tomase as rendas do club no curso 21/22. 

 

G1YDWzMXkAAx Hc
Foto: Unicaja

 

Os malagueños defendían o cetro conquistado tamén en Singapura, onde volveron tocar o ceo grazas en gran medida aos puntos de Kalinoski e Tillie, o máis anotador dos seus con 14 unidades ao final do duelo, só tres puntos menos que os anotados á conta de Shacklelford polos norteamericanos, que de novo non foron quen de romper o idilio que mantén o cadro malacitano cos trofeos.

 

 

Barreiro, como Sulejmanovic, quedou sen anotar, pero iso non lle borra a alegría da cara ao beirado, que suma a súa segunda Intercontinental ás dúas Copas do Rei, dúas Ligas de Campións e a Supercopa de España que xa locen na súa folla de servizo en Málaga, onde, con todo e a pesar dos éxitos colectivos, perdeu presenza a pesar de ser, tras Alberto Díaz, o máis veterano do equipo. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE