David Costas e Álvaro Lemos, dous celestes en Oviedo pendentes dun favor do Dépor para subir a Primeira

Os dous xogadores galegos do Real Oviedo esperan unha carambola na última xornada para regresar a Primeira División.


|

David costas
David Costas | Foto: Real Oviedo

 

A do domingo pode ser unha xornada histórica no Carlos Tartiere. O Real Oviedo é un dos equipos na pugna por lograr o último billete directo a Primeira División. O Levante xa conseguiu o primeiro pase de ouro e o outro está, agora mesmo, en mans do Elxe, equipo que se mide ao Deportivo da Coruña e que, se perde, terá que esperarar ao resultado de Mirandés e Oviedo, onde todos serán por unha vez un pouco deportivistas. Incluso os ex do Celta de Vigo, como David Costas e Álvaro Lemos.

 

As CONTAS DO OVIEDO

A fortuna dos dous xogadores galegos foi ben distinta este ano. David Costas é toda unha institución en Oviedo. Para o de Chapela esta é a súa cuarta tempada como carbayón -a quinta, se temos en conta o seu breve paso en 2017- e é un dos máis veteranos do persoal que dirixe Paunovic. As lesións impedíronlle o ano pasado estar dispoñible para batallar polo ascenso, pero este ano chega a pleno rendemento e sendo un fixo no esquema do adestrador serbio, que ve na dobre C -Costas e Calvo- á súa liña de xenerais na retagarda.

 

Peor sorte correu Álvaro Lemos. Xusto as lesións apartárono do equipo este ano, o da súa chegada ao Principado. Despois de seis cursos nas Palamas, o ex de Lugo e Celta enrolouse no Oviedo, pelexando por un oco no once. O compostelán comezou o seu calvario de lesións no outono, que o deixaron no dique seco practicamente practicamente até final de ano, cando reapareceu e sufriu a rotura da súa clavícula. Aínda por riba de males, xusto cando se reincorporaba á dinámia de equipo, rompeu o cruzado en marzo, quedando cun contador de pouco máis de 500 minutos co seu novo club.

 

 

Aínda que con pasado no Celta -aínda que Lemos se formou en Abegondo-, os dous futbolistas poranlle esta semana unha vela do Deportivo. Se os branquiazuis, que non se xogan nada, dan a sorpresa no Martínez Balero, o Oviedo podería ascender se gana o seu partido. Desde Riazor Gilsanz garantiu a deportividade dos seus, que sairán a comer o céspede en Elxe. 

 

O favor do Dépor é clave, pois ao Oviedo só sálguense as contas se o Elxe perde, mentres que ao Mirandés válenlle derrotas ou empates de Oviedo e Elxe. Os ilicitanos, en cambio, son os únicos que dependen de si mesmos: gañar devólveos a Primeira, empatar sérvelles si o Mirandés non gana, e mesmo perdendo, se os outros dous equipos non gañan, os franjiverdes regresarían á elite.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE