Investimento de 2,5 millóns para a rehabilitar o complexo deportivo Santa Isabel
O Concello de Santiago adxudica a Misturas Obras e Proxectos S.A. a realización das obras.
O Concello de Santiago adxudicou as obras de rehabilitación integral do complexo deportivo de Santa Isabel por 2.633.897,75 euros; contrato financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU, Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Así o explicou a concelleira e portavoz do Goberno municipal, Míriam Louzao, que estivo acompañada pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local celebrada este luns.
As obras en Santa Isabel adxudícanse a Misturas Obras e Proxectos S.A. Ademais deste, detallaron outros acordos tomados na xunta como a aprobación do proxecto construtivo 'Acondicionamento do trazado de ferrocarril en desuso Santiago de Compostela-Cerceda' para uso como vía verde de Compostela-Tambre-Lengüelle.
Tamén adxudicaron o contrato do servizo de dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de adecuación do Pazo de Raxoi para a realización de visitas turísticas de carácter histórico, arquitectónico e artístico, unha operación tamén financiada por NextGeneration EU. Adxudícaselle a Francisco Fernández Novas por 53.240 euros.
O mesmo ocorre coas obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga Palacios, adxudicadas á empresa Inside the Team S.L. por por 337.396,58 euros, as obras de mellora da accesibilidade no cruzamento Xeral Pardiñas-República do Salvador á UTE Arines Obras e Proxectos S.L. e Success Infraestruturas e Servizos S.A. Unión Temporal de Empresas por 61.352,59 euros.
Tamén as obras de reforma do Centro de Transformación de compañía na rúa Codeseira de Vidán a Montaxes Eléctricas Biscaíño S.L. por 78.590,95 euros; así como o servizo de vixilancia do Estado Municipal Verónica Boquete de San Lázaro á empresa Servizos SPR Vilanova S.L. por un importe total de 196.105,26 euros.
CONVOCATORIA PREMIO XOHANA TORRES 2025
Noutra orde de cousas, a Administración Municipal ha aberto desde este luns o prazo de presentación de obras para a edición 2025 do Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creacións audiovisuais sobre mulleres na sociedade galega.
O prazo estará aberto até o 30 de decembro de 2025 ás 14.00 horas e poderá presentar calquera persoa física ou agrupacións de persoas sen personalidade xurídica.
Os traballos deben tratar da participación social e política das mulleres e ter como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poden ser ensaios literarios ou científicos e pezas audiovisuais sobre mulleres galegas.
Cada premio -- un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual-- estará dotado con 2.500 euros, que cubrirán os dereitos de edición das obras por parte do Servizo de Publicacións da USC. O fallo do premio da edición de 2025 farase público en marzo de 2026 con motivo dos actos conmemorativos do 8 de marzo.
Escribe o teu comentario