Louzán, absolto de prevaricación polo Tribunal Supremo, seguirá sendo presidente da RFEF

O expresidente da Deputación de Pontevedra, condenado por dúas instancias previas, recibiu a anulación de condena do Supremo.


|

Rafael Louzán RFGF
Rafael Louzán | Foto: RFGF

 

Fumata branca para Rafael Louzán, condenado en 2021 por unha sentenza dunha peza separada da Operación Patos por, presuntamente, prevaricar máis de 80.000 euros na construción dun campo de fútbol cando era presidente da Deputación de Pontevedra. O expresidente do PP pontevedrés, agora presidente da Real Federación Española de Fútbol, recorreu a súa sentenza até chegar ao Tribunal Supremo, onde onte se enfrontou a unha vista da que saíu vitorioso xa que o seu ditame podería apartalo de dirixir o fútbol español. 

 

 

PRESIDENTE NO CARGO

O de Ribadumia recibiu o fallo do Supremo, que non seguiu a recomendación de Fiscalía de manter a inhabilitación de cargo público durante sete anos que pesaba sobre Louzán e que, ao non ser firme, non se lle aplicou nos últimos anos, o que lle permitiu ser presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e, posteriormente, da RFEF. 

 

Aínda que dúas instancias consideraron probada a prevaricación por conceder unha axuda de preto de 86.000 á construtora Eiriña para a realización duns traballos nun campo de fútbol de Moraña que, no momento da concesión, xa estaban practicamente realizados na súa totalidade, agora o Supremo anula a condena. Desta maneira, a pesar da dimensión da Operación Patos, a causa queda sen un só condenado tras máis dunha década de proceso.

 

 

Isto dá luz verde a Louzán para presidir a RFEF, despois de que a vista de onte durase tan só 20 minutos, nunha das etapas máis importantes da súa historia, organizar el Mundial de Fútbol da FIFA 2030. Con esta sentenza, o fútbol español líbrase de ter un terceiro presidente procesado do últimos tres elixidos -Pedro Rocha, tamén inhabilitado, ocupou o cargo en funcións-, despois de que Anxo María Villar atópese nun proceso penal similar e de que Luís Rubiales viva nestes momentos o xuízo pola súa agresión sexual á futbolista Jenni Fermoso durante a celebración da Copa do Mundo conquistada pola Selección Española Feminina de Fútbol

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE