Luisa Sánchez é a voz máis crítica con Abel Caballero, tanto a nivel municipal, como portavoz e líder do PP de Vigo, como desde a Deputación de Pontevedra, onde é a vicepresidenta segunda e deputada en asunto crucial como é o deporte, que ocupa a actualidade estas semanas na cidade despois de que o rexedor olívico haxa redobrado a súa aposta por que Balaídos sexa unha das sedes do próximo Mundial de Fútbol 2030. Aínda que a FIFA ten a última palabra, o recinto vigués só repetirá a experiencia de España 82 si acomete unha obra urxente nun proxecto que só coñece Abel Caballero. Luisa Sánchez atende a Galiciapress para desmonar a versión do alcalde, pedirlle urxentemente que presente os seus plans para Balaídos e que abandone os "populismos" e a procura de "inimigos". A vivenda, a sanidade ou a súa posible candidatura ás municipais de 2027, algúns dos temas que tamén aborda nesta entrevista.
O alcalde vigués insiste en que a cidade ten que ser sede no Mundial de 2030.
A Deputación denuncia as "falsidades" do rexedor e insiste en que non hai decisión sobre o seu apoio económico porque non coñece o proxecto.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a cidade "está na carreira para ser unha das sedes do Mundial do Fútbol 2030", no marco da candidatura de España e Portugal para acoller este evento deportivo.