O Mundial de dardos electrónicos 'Phoenixdarts' chega por primeira vez a Europa coa Coruña como sede
A herculina é a primeira cidade do Vello Continente que acolle unha cita desta disciplina, con máis de 2.000 participantes de todo o mundo.
A cidade da Coruña acollerá no mes de decembro a celebración do campionato mundial de dardos electrónicos 'Phoenixdarts', en EXPOCoruña , un torneo que se celebrará por primeira vez en Europa tras pasar por cidades como As Veigas, Seúl ou Singapura.
A organización estima que, entre o 5 e o 8 de decembro, asistan ao evento máis de 4.000 xogadores e 2.000 acompañantes procedentes de lugares como Corea do Sur, Xapón, China, Taiwan, Hong Kong, Estados Unidos, Canadá ou México, entre outros.
Por iso, disporán dun espazo de máis de 7.000 metros cadrados, segundo detallou EXPOCoruña nunha nota de prensa. Ademais, estímase que a cidade da Coruña "obteña un retorno económico de 1,8 millóns de euros", con 1.200 habitacións reservadas para cada día do torneo e un gasto estimado por participante de 150 euros.
Escribe o teu comentario