Juan Carlos Escotet presidente de Abanca e do Real Club Deportivo da Coruña
O empresario, á fronte da entidade bancaria que é máxima accionista do club herculino, pasa a ser tamén o presidente deportivista.
A Xunta de Accionistas ratificou por unanimidade ao presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, como máximo responsable tamén do Real Club Deportivo.
Foi nunha Xunta Xeral Ordinaria convocada este venres e na que se aprobaron como puntos máis destacados a entrada de Juan Carlos Escotet como presidente do consello de administración do club, que se converte así no presidente número 50 da historia do mesmo.
Tamén se acordou o nomeamento de Massimo Benassi como conselleiro delegado; a entrada no consello de Marta Fernández Currás, exconselleira de Facenda, e de Benito Couceiro Naveira; así como a adhesión ao crédito participativo de CVC.
Todos os acordos adoptáronse por unanimidade dos accionistas presentes na Xunta conforme á orde do día publicado na páxina web corporativa do Club o pasado 10 de setembro.
Escribe o teu comentario