A XI Edición da Carreira ENKI 2024 xa está en marcha na Coruña

A inscrición xa está aberta no Corte Inglés da cidade herculina. 


|

Archivo - A Coruña acoge este domingo la primera edición de Runki, una carrera benéfica en favor de la inclusión
Corredores na Coruña

 

Un ano máis, os corredores na Coruña ponse as zapatillas, o pantalón e a capa? A carreira máis divertida e, sobre todo, solidaria da comunidade regresa un ano máis -e xa van once edicións- para encher a cidade coruñesa de corredores de todas as idades, listos para suar a pinga gorda e achegar o seu granito de area na Carreira de ENKI

 

A de ENKI é unha proba lúdica que mestura o xogo, promove a inclusión e trata de dar visibilidade a todos os colectivos e persoas con diversidade funcional co respecto e a educación como selos. Desde deportistas profesionais até familias enteiras poden gozar desta "competición" con obstáculos accesibles para todos, non obrigatorios e libres de alerxias. 

 

"En todos os obstáculos, ademais, haberá un equipo de voluntariado para apoiar, axudar e dinamizar o obstáculo. Supervisarase o correcto desenvolvemento e velarán pola seguridade das participantes durante da proba", detallan os organizadores. 

 

A inscrición, "aberta até esgotar prazas", abriuse este martes 17 de setembro no Corte Inglés e a carreira está programada para o vindeiro sábado 19 de outubro. Os premios concederanse ao disfrace máis orixinal, ao equipo máis animado ou ao equipo máis numeroso, ademais dos premios concedidos ás entidades e centros educativos que participen no evento.  

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE