Falece un home en Boiro mentres participaba nunha carreira de trail na Serra do Barbanza

A pesar da asistencia dos sanitarios, nada se puido facer por salvar a vida do home a causa, aparentemente, dun fallo cardíaco.


|

Trail
Imaxe de arquivo dunha carreira de trail 

 

Un home faleceu no municipio coruñés de Boiro mentres participaba nunha carreira pola serra do Barbanza. As primeiras hipóteses apuntan a que a causa da morte podería ser un paro cardíaco.

O suceso produciuse sobre as 12.30 horas deste domingo e foi un particular o que solicitou asistencia sanitaria pola indisposición dunha persoa.

Até o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que non puideron facer nada por salvarlle a vida. Tamén acudiron a Policía Local e a Garda Civil.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE