Só as lesións puden parar a Yago de Santiago no Elxe

O vigués, flamante fichaxe dos ilicitanos, terá que estar unhas semanas no dique seco por unha microrrotura.


|

WhatsApp Image 2024 09 09 at 19.38.27
Foto: Elxe CF

 

Yago de Santiago non puido caer con mellor pé no proxecto do Elxe. O galego, canteirán do Tottenham, chegou este verán ao Martínez Valero para loitar por un posto no ataque de Eder Sarabia. Os franjiverdes, sempre candidatos ao ascenso, botaron as súas redes sobre este prometedor extremo que despois de varios anos en Inglaterra facía o seu debut no fútbol profesional. Un debut esperado e que mostrou o bo facer do vigués que, tras tres partidos, tivo que botar o freo de man por unha inoportuna lesión xusto cando comezaba a despegar.

 

NO PEOR MOMENTO

E é que de Santiago é unha das grandes sensacións dos ilicitanos, que con todo non tiveron o arranque previsto. No tres primeiros partidos só lograron un triunfo, ante o Córdoba en casa e co extremo galego abrindo a conta anotadora. Nos dous primeiros choques, ante Huesca e Albacete, os de Sarabia caeron pola mínima, pero nesta cuarta xornada o Real Zaragoza esmagou ao Elxe cun contundente 3-0, aproveitando a expulsión de Óscar Plano antes de que se cumprise a hora de xogo.

 

No entanto, de Santiago tivo que ver desde a distancia este cuarto duelo, xa que as molestias o apartaron da convocatoria. As últimas probas confirmaron os primeiros prognósticos: unha microrrotura no recto anterior na perna dereita. Unha lesión que o terá na bancada ante a Granada e, posiblemente, algunha semana máis lonxe do verde.

 

Este contratempo chega no peor momento, xusto cando o olívico estaba a empezar a familiarizar coa Segunda División. Até o duelo contra os maños, de Santiago fora titular nos tres choques e só descansara nove minutos na vitoria contra o Córdoba. O Elxe botou en falta ao ex dos Spurs este fin de semana, pero agora o atacante está xa centrado en recuperar canto antes para axudar aos seus compañeiros ao asalto á zona nobre da táboa.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE