Regresa o Open Internacional Galicia de golf ao Compostela Golf Pitch & Putt
A competición arrinca o sábado coas clasificacións para a final do domingo 25 de agosto.
O céspede xa está listo como unha alfombra en Santiago de Compostela para recibir aos mellores golfistas a partir do 20 de agosto no IV Open Internacional Galicia de Pitch & Putt. O evento, que se celebra cada dous anos, inaugurarase o vindeiro martes ás 11 horas nas instalacións de Sinolla de Abaixo, na capital galega.
No Open de Galicia, competición internacional organizada pola International Pitch and Putt Federation, haberá até 54 hoyos -tres saídas; 18 hoyos por saída- dispoñibles para até 144 xogadores, que estarán clasificados en catro categorías que van desde a Categoría Absoluta até a Terceira Categoría "en función do resultado obtido durante as dúas primeiras voltas do sábado".
"Os resultados dentro de cada categoría serán scratch e resultarán da suma dos tres cartóns do Open Internacional. En caso de empate o criterio de desempate será mellor última volta. Se persiste será mellor penúltima volta. A partir de aí sortear entre os xogadores empatados", detalla a organización, que entregará até 7.000 euros de premios entre os premios en metálico e o material deportivo que tamén se entregará aos gañadores de cada categoría, aínda que na máis alta haberá premio en metálico para o sete primeiros calsificados.
Os adestramentos arracanrán este luns 19 de agosto para competir a partir do sábado coas dúas primeiras mangas e o domigno a gran competición a partir das 9 horas. A inscrición terá un custo de 80 euros e péchase este 15 de agosto ás 22 horas.
Escribe o teu comentario