Un derbi sevillano con 'O Muro de Pontecesures' na portaría do Betis
O gardameta Fran Vieites podería asumir as rendas do arco verdibranco no derbi contra o Sevilla polas lesións na meta bética.
Debutar como titular é algo moi grande, pero facelo nun Sevilla - Real Betis supera todas as expectativas. A máis dun poderían tremerlle as pernas, porque o escenario o merece, pero para Fran Veites, que xa viu todas as caras do fútbol, é unha circunstancia que pode motivarlle aínda máis na súa carreira a asentar na elite. Habitual nos adestramentos de Pellegrini, Veites xa debutou este curso na portaría ante o Barcelona, fehca na que encaixou tres goles tras entrar no sitio do lesionado Rui Silva. Agora, outra lesión ábrelle a porta de Heliópolis.
O 4-1 do Betis onte en Europa League quedou embazado pola lesión do veterano Claudio Bravo. O chileno sufriu un contratempo na súa perna esquerda que pode apartalo do duelo ante o Sevilla. Xusto antes do parón de seleccións, Pellegrini vese sen os seus dous gardametas principais, tendo en conta que un problema nos isquios impide o concurso do portugués Rui Silva. O peso recae sobre as luvas do galego.
'O Muro de Pontedeume' é a única opción sa para salvagardar a meta verdibranca. Aos seus 24 anos ten a oportunidade de demostrar o seu potencial, tendo en conta que no filial do Betis, en Segunda #RFEF, fíxose amo e señor das chaves da cancela bética desde a súa chegada o curso pasado procedente do #CD Lugo. Criado nos inferiores do Bertamiráns e do Celta e tras o seu paso pola cidade amurallada, Vieites probou sorte en Andalucía, onde parece haber asentado totalmente.
O domingo vivirá o seu día grande no Sánchez Pizjuan, un escenario difícil pero contra un Sevilla en horas baixas, tanto en Champions como en Liga: a última vitoria do Sevilla -obviando o partido de Copa ante o Quinatanar da Orde- data do 26 de setembro, cando goleou ao Almería por 5-1. Máis dun mes sen coñecer o triunfo, pero con En-Nesiry , Rakitic, Ocampos, Mariano ou nas súas filas, ameazas constantes para un Vieites que ten o propósito de dar unha gran alegría aos seus. Do Ulla ao Guadalquivir para facer historia.
Escribe o teu comentario