O Arousa pasa de rolda na Copa do Rei! A aliñación indebida da Granada mantén con vida aos galegos

O Xuíz único de competición descualifica aos visitantes pola aliñación irregular do porteiro Adri López e os de Vilagarcía pasan á seguinte rolda.


|

F98fbH XUAACUJN
Foto: Granada CF

 

O Arousa SC gañou nos despachos o que non conseguiu no terreo de xogo. Nunca un 0-3 en contra soubo tan ben na Lomba onde os arousáns, ao contrario que os seus rivais, adaptáronse ás normas e cumpriron a machada un regulamento que, pensado fríamente, debería revisar un día destes. De calquera modo, a noticia hoxe é que o Arousa pasa de rolda a Copa do Rei e medirase a un Primeira de novo.

 

 

Foi no xulgado onde se xogou a prórroga do choque entre os arlequinados e os andaluces, que perderon de goleada ante a evidencia de que, efectivamente, cometeran unha irregularidade á hora de formar o once inicial. A aliñación indebida polo concurso do porteiro Adri López, xogador do filial pero maior de 24 anos -circunstancia que non permite o regulamento ao considerar a Copa unha competición non profesional-, deixa á Granada fóra do torneo do K.O., aínda que ten agora dez días para recorrer a sentenza ante Apelación, un suposto que, en calquera caso, podería ter moi pouco percorrido.

 

Así as cousas, os galegos estarán no próximo bombo do sorteo copeiro, que se celebrará finalmente o 15 de novembro despois de fixar data para os dous partidos aprazados polo temporal: Ximnástica Segoviana CF - Sestao River Club, que se xogará mañá ás 18 horas, e o Atzeneta UE - Real Zaragoza, que non se disputará até o próximo 14 de novembro ás 20 horas.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE