Un caso máis de racismo no fútbol ou un pique que se maliterpretó? A Xustiza entra no polémico Sancovade - Castro

Un xulgado de Vilalba encargarase de dirimir se houbo realmente un insulto racista no partido que enfrontou aos dous equipos lucenses e que terminou cos locais abandonando o terreo de xogo.


|

Veteranos
Foto: CFV Sancovade

 

Unha das moitas regras non escritas do balompé é que, na cancha, nunca se pode dubidar da honestidade dun futbolista. Sabíao o Chacho Coudet, extécnico do Celta, cando unha vez, nun partido en Arxentina, os afeccionados increpaban e insultaban aos seus xogadores. “#Cornudo pode ser, pero peito frío non”, replicaba o técnico. Lonxe do fútbol de elite, a honestidade doutro futbolista, un veteterano do #CD Castro, ten que defender nos xulgados acusado de racismo, despois de chamar, presuntamente “negro de merda sen papeis” a un contrario.
 

O denunciado defende a súa inocencia e nega os feitos, como tamén o fai o seu propio club, que se reserva a posibilidade de adoptar medidas “se se proban os feitos denunciados”. O futbolista da liga de veteranos admite que pode ser un xogador duro, pero non un racista

 

 

O agraviado é Jorge Silva, portugués de 38 anos e integrante da Asociación Deportiva de Veteranos Sancovade, que presentou ante o Xulgado de Instrución Número 1 de Vilalba a denuncia contra o seu adversario, un extremo ao que non chegase, declarou, se o futbolista do Castro “desculpouse”. 
 

DELITO DE ODIO Ou LANCE DO XOGO?

A Xustiza deberá aclarar si trátase dun delito de odio e un caso máis de racismo nos campos de fútbol do noso país ou si, pola contra, e como defende o investigado, foi un lance do xogo que se puido malinterpretar. En declaracións para La Voz de Galicia, o denunciado defínese como “un defensa dos malos” e “leñero”, á vez que recoñece que no primeiro tempo caeu “algunha patada”. Foi unha disputa de balón na que, segundo relata, Silva deixa o pé, o que provoca o enfrontamento. 
 

Tras unha discusión verbal, e sempre segundo a versión do denunciado, un compañeiro de Silva é o que asegura que proferiu insultos racistas, desatando un boureo. A continuación, acusa os compañeiros de Silva de inventar o insulto, que á súa vez provocou que o Sancobade abandonase o terreo de xogo aínda que gañaban 2-0 e quedaba preto dun cuarto de hora por disputar.

 

Por ese xesto, a RFGF penalizou aos locais coa perda de tres puntos e dándolle por perdido ese encontro no que dominaban o marcador, ademais dunha multa económica. Onde non entra a Federación galega é no presunto insulto, que non salgue reflectido na acta arbitral por estar o colexiado “lonxe da acción” no momento dos feitos. 

 

 

O Sancobade valora abandonar a competición se a Federación non toma cartas no asunto. “Un episodio de racismo e odio non se pode pasar por alto e é algo que non van cos valores, nin co noso club nin do fútbol”, censuran. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE