O Mallorca renace en Balaidos ante un VAR que non sorriu ao Celta de Vigo

O conxunto vigués tivo moitas ocasións este sábado, aínda que non puido vencer finalmente ao Mallorca


|

F6Kgm7tXoAA0jQY
O defensa do Celta César Domínguez toma o balón no minuto 46 do xogo / Foto: @RCCelta

A pesar de que a pasada tarde do sábado o Celta de Vigo tivo moitas ocasións, non puido vencer contra o Mallorca. E é que con esta, o conxunto olívico acumula xa tres derrotas como equipo local. Os de Rafa Benítez non estiveron acertado e deixaron escapar puntos unha vez máis.

 

O Mallorca, pola súa banda, puido estrear a súa marcadora de vitorias grazas a un gol de Muriqi en Balaidos , no minuto 85 do partido. O xogador kosovar deu o primeiro susto aos vigueses, aínda que as ocasións se sucederon en botas de varios xogadores celestes: Aspas, Larsen e Fran Beltrán. O VAR tampouco sorriu aos celestes por un gol anulado por milímetros e un disparo de Bamba que deu no traveseiro e despois botou en zona VAR.

 

O conxunto mallorquino saíu vitorioso co oportunismo de Muriqi e unha xogada de Maffeo e Dani Rodríguez. O plan saíulle esta vez a Javier Aguierre e un Mallorca que pon cimentos á tempada á conta de remover os dun Celta que queda en catro puntos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE