O Celta quere dar un golpe de efecto ao mercado co cotizado Jonathan Bamba

O internacional con Costa do Marfil, polo que suspiran moitos grandes de Europa, é un vello anhelo de Luís Campos e suporía un gran salto de calidade para o Celta.


|

Jonathan bamba lille
Jonathan Bamba | Foto: losc.fr

 

Bo, bonito e barato. Jonathan Bamba ten todo o que busca o Celta de Vigo nun mercado de fichaxes que até agora foi especialmente parado nas oficinas da Sede. Os celestes non teñen unha economía boiante pero si un proxecto deportivo ilusionante no seu centenario co que tentan seducir a algúns dos xogadores dispoñibles no mercado. Un deles é Jonathan Bamba, un futbolista que, despois de acabar o seu contrato co Lille, espera unha oferta sedutora que lle faga dar un novo paso na súa carreira.

 

Bamba foi até agora unha das pezas angulares de 'os dogos', que non puideron retelo entre as súas filas. Coa carta de liberdade debaixo do brazo, o futbolista -internacional con Costa do Marfil aínda que nacido en Francia-, espera asumir un novo reto lonxe de Líguea 1 despois de desenvolver case toda a súa carreira no campionato galo, vestindo as camisetas de Saint Etienne, Lille ou Angers, entre outros.

 

Só unha breve estancia en Bélxica contempla a folla de servizos de Bamba, que co seu último equipo conquistou unha liga e unha supercopa francesa. No seu último curso pechou a súa etapa co Lille marcando seis dianas e servindo sete asistencias de gol.

 

O DESEXADO

Con 27 anos é un dos axentes libres máis cobizados polos grande de Europa e Luís Campos, encargado de pechar a súa chegada ao Lille, xa perseguiu a súa contratación no pasado. Real Betis ou Sevilla son algúns clubs que seguen con atención ao extremo, que pode actuar polos dous costados pero que prefire arrincar polo perfil esquerdo, a perna cambiada para aproveitar o seu endiañado slalom. 

 

Bamba lille
Jonathan Bamba pechou a súa etapa no Lille | Foto: losc.fr

 

O seu valor de mercado é de 20 millóns, o que faría crecer o valor do persoal que dirixe Rafa Benítez si o Celta fai unha boa oferta por el. Outros como o Fernerbahçe xa iniciaron as conversacións co atacante, que conta con ofertas tamén de Alemaña e mesmo dunha liga en franco crecemento como a de Estados Unidos, aínda que menos competitiva que as do vello continente. Tamén Niza e Marsella esperan botar as súas redes sobre Bamba, que, ao parecer, priorizaría as ofertas do estranxeiro, polo que a súa relación con Campos podería xogar un papel crave para o seu desembarco en Balaídos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE