Pesar nas Pontes pola morte do triatleta de 49 anos que levaba ingresado desde o 25 de xuño

O home levaba desde o 25 de xuño ingresado no Arquitecto Marcide de Ferrol


|

O deportista sufriu un desmaio durante a celebración do Northwest Triman das Pontes, celebrado o pasado 25 de xuño.

 

Tras máis de dez días na UCI, o triatleta faleceu no hospital ferrolán, tral e como informou o portal Triatlon Channel no día de onte. 

 

53004609552 7e767b6b9d k
Foto: northwesttriman.com


O triatleta de 49 anos que permanecía ingresado no hospital Arquitecto Marcide de Ferrol tras desvanecer durante a súa participación no Northwest Triman das Pontes o pasado 25 de xuño faleceu nas últimas horas.

Fontes consultadas a Europa Press confirmaron este xoves o falecemento que avanzou na tarde do mércores o portal Triatlon Channel.

O home, que debutaba na proba pontesa, desvaneceuse durante o primeiro segmento da competición, na parte de natación, pouco antes de chegar á beira. Tras recibir o aviso de otroparticipante, tanto a organización como os servizos de salvamento e socorrismo actuaron con celeridade para evacualo a terra e proceder á súa reanimación.

Inmediatamente despois foi trasladado ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, en cuxa Unidade de Coidados Intensivos permanecía ingresadodesde entón.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE