O Deportivo queda ás portas dun ascenso cun 4-3 no marcador
O Castelló alcanzou a vitoria despois dunha tensa prórroga
O Deportivo quedou esta tarde eliminado da loita polo ascenso a Segunda División despois dun tenso partido no que o Castelló e o equipo coruñés chegaron á prórroga.
O partido comezou con normalidade, cun disparo errado de Mario Soriano no minuto 14. No minuto 22, o marcador púxose de lado dos valencianos, cun gol de de Miguel. Poucos minutos despois, co Deportivo intranquilo polo primeiro gol do Castelló, chega o segundo para o equipo local. De León fai avanzar ao seu equipo a un segundo gol co seu disparo a portaría.
Parece que o Deportivo soubo tentar remontar, pois pouco despois, no mintuo 38 do partido, Yeremay dispara directamente e consegue marcar sen complicacións. Pouco antes de terminar a primeira parte, o Depor tenta igualar o marcador, pero o porteiro do Castelló logra deter o balón.
A segunda parte comeza tranquila ata que no minuto 56 un penali a favor do Deportivo permite ao equipo marcar o seu segundo gol, por parte do dianteiro Lucas Pérez, e igualar o marcador no estadio de Castelló.
Os últimos minutos da segunda parte foron os máis tensos para ambos os equipos. No último minuto antes do desconto, Indias marca un gol que obriga ao Deportivo e ao Castelló a ir á prórroga e sitúa o marcador a favor dos valencianos.
Xa na prórroga, o Deportivo consegue igualar de novo en marcador no minuto 98, cun gol de Zalazar. Sen emgargo, pouco durou a tranquilidade para o Deportivo, pois despois dun simulacro de gol do Castelló que resultou ser fose de xogo, os locais marcaron o seu cuarto e último tanto no minuto 108 grazas ao cabezazo de Cubillas.
Escribe o teu comentario