Riazor abre este venres ás 15 horas a capela ardente para despedir a Arsenio Iglesias

O deportivisimo despedirá en masa a un dos seus maiores referentes e un técnico considerado como un pai para a afección.


|

Arsenio iglesias
Foto: RC Deportivo da Coruña

 

O falecemento de Arsenio Iglesias golpeou A Coruña dunha forma similar ao terremoto que sacudiu Buenos Aires e Nápoles o día que se soubo da morte de Diego Armando Maradona. O técnico e exfutbolista galego era venerado na cidade herculina dunha forma similar á do dez arxentina, cunha mística propia, desa que conceden as meigas a uns poucos elixidos e que os fan inmortais. 

 

 

Aos 92 anos Arsenio Iglesias deixa un oco insubstituíble no deportivismo, que perde a un pai, a un avó e a un referente dentro e fóra da cancha. Artífice do SuperDépor e do "primeiro título" conquistado polos branquiazuis -fai unhas poucas semanas recoñeceuse como oficial un título gañado a principios do S.XX-, a Copa do Rei de 1995

 

A marea deportivista renderá tributo ao seu técnico a partir das 15 horas deste venres no Estadio de Riazor, o coliseo onde tantas alegrías brindou á platea e onde tanto agarimo recibiu por parte dunha bancada que aínda hoxe corea o seu nome á mínima oportunidade que se lle presenta, onde se abrirá a capela ardente. Xa son moitos os que foron hoxe ao seu busto a darlle un último adeus ao Bruxo de Arteixo. 

 

A figura de Arsenio transcende máis aló dos límites municipais coruñeses, até o punto de que a Federación Galega de Fútbol anunciou que se gardará un minuto de silencio na súa memoria do exseleccionador galego nos partidos previstos a nivel autonómico. Tamén no Pazo de María Pita a corporación municipal gardou un emotivo minuto de silencio en memoria dun cidadán ilustre da cidade e fillo adoptivo desde 2020. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE