Marchesín pérdese o que resta de tempada por lesión; pode o Celta fichar a un substituto?

Arboleda, ex do Raio, tamén está sen equipo, pero o feito de ocupar praza de extracomunitario pode ser un impedimento, unha situación na que se pode atopar Renan, ex do Sporting de Lisboa.  Unha aposta máis conservadora sería Rubén Martínez, ex de Barça, Dépor ou Osasuna, pero o de Coristanco, que non anunciou aínda a súa retirada, leva xa máis dun ano lonxe dos terreos de xogo.


|

O porteiro arxentino perderase, previsiblemente, o que queda de curso logo dunha lesión no último adestramento dos vigueses. Podería ter roto o tendón de Aquiles. 

 

O Celta só ten a Iván Villar dispoñible como porteiro do primeiro equipo e algunhas opcións entre os cérberos que están sen equipo poderían cubrir as necesidades celtiñas.

 

Marchesin
Marchesin

 

As desgrazas nunca veñen soas. Xusto cando acaba o mercado de fichaxes, ao Celta de Vigo éntralle a urxencia por fichar. E non é para menos, xa que se quedaron sen o seu porteiro titular. A falta dunha confirmación oficial, todo a punta a que Marchesín, un dos homes máis destacados da tempada celeste, perderase o que queda de liga. O cérbero arxentino sufriu unha lesión durante a sesión de adestramento e os servizos médicos temen que se rompeu o tendón de Aquiles. Só Iván Villar pode ocupar o oco que deixa o ex do O Porto

 

A lesión abre as portas da titularidade ao canteirán, que o pasado verán buscaba destino despois dunha infrutuosa cesión no Leganés, onde alternou a titularidade co banco nun equipo dividido e deprimido na táboa. Os madrileños non mostraron interese en prorrogar a estancia do de Aldán en Butarque. Villar só pisou o céspede en dúas ocasións este ano, e as dúas en Copa, ante Algar e Gerninka. Contra o Espanyol, o único duelo verdadeiramente transcendente do torneo do K.O., Carvalhal aspostó polo porteiro titular.

 

Evidentemente, este tipo de contratempos son sempre impredicibles, pero de ocorrer a principios de semana, o Celta podería barallar alternativas. A máis sinxela sería romper a cesión de Rubén Blanco ao Olympique de Marsella, onde esta tempada está á sombra de Pau López e só xogou en catro partidos, sen manter nunca a portaría a cero e celebrando só unha vitoria con el na meta. Cinco partidos -un de copa- e cinco goles en contra é a bagaxe de Branco na súa primeira experiencia no estranxeiro. 

 

FICHAR A UN PORTEIRO?

Co mercado pecho, Villar preséntase como a única opción. Ou non? O certo é que aínda pode haber unha alternativa, e o exemplo témolo en Valencia. O cadro ché fichou a Herrerín coa tempada xa empezada despois da lesión de Jaume. O ex do Athletic atopábase sen equipo e o Celta, con fichas libres, podería tratar de peitear o mercado de axentes libres.

 

Neste capítulo atopamos opcións interesantes e vellos coñecidos da liga, como Diego Alves. O parapenaltis finalizou a súa vinculación con Flamengo e relacionoullo con Boca Juniors, pero podería ver con bos ollos unha nova etapa nun campionato que xa coñece. Arboleda, ex do Raio, tamén está sen equipo, pero o feito de ocupar praza de extracomunitario pode ser un impedimento, unha situación na que se pode atopar Renan, ex do Sporting de Lisboa

 

Unha aposta máis conservadora sería Rubén Martínez, ex de Barça, Dépor ou Osasuna, pero o de Coristanco, que non anunciou aínda a súa retirada, leva xa máis dun ano lonxe dos terreos de xogo. Tamén Rubén Miño, porteiro saído da Masia, está a buscar un novo reto, pero o salto de defender a portaría do Logroñés, o seu último traballo, á de Balaídos, pode ser moi grande para un futbolista que integra a selección de futbolistas da AFE, aqueles xogadores "en paro" e en busca dunha nova oportunidade. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE