Último día de mercado: Seferovic chega a Balaídos, Hugo Mallo con medio pé fose e veñen a por Chris Ramos
A saída do futbolista de Salceda de Caselas desbloquea unha situación complicada no Celta de Vigo, que agora pode aproveitar estas últimas horas de mercado para facer algunha incorporación. Como o Celta, outros clubs galegos como o CD Lugo ou o Deportivo da Coruña apuran estes últimos compases da ventan a de fichaxes para anunciar algunha saída e algunha fichaxe de ultimísima hora. Foto: RCD Espanyol Caeu a bomba que, non por anunciada, non deixa de ser noticia.
A saída do futbolista de Salceda de Caselas desbloquea unha situación complicada no Celta de Vigo, que agora pode aproveitar estas últimas horas de mercado para facer algunha incorporación.
Como o Celta, outros clubs galegos como o CD Lugo ou o Deportivo da Coruña apuran estes últimos compases da ventan a de fichaxes para anunciar algunha saída e algunha fichaxe de ultimísima hora.

Caeu a bomba que, non por anunciada, non deixa de ser noticia. Denis Suárez abandona o Celta de Vigo despois de seis meses no ostracismo e firma un contrato de curta duración co RCD Espanyol. O de Salceda regresa á cidade condal, onde xa viviu como xogador do Barça, onde permanecerá o que resta de tempada antes de incorporar a título definitivo ao Vilarreal, onde tamén xa foi peza importante no pasado.
Péchase así un tema escuro na Sede, cunha pataca quente que vén xa da tempada pasada polas tiranteces ao redor da renovación do centrocampista e a negativa de Carlos Mouriño de negociar con Denis e coa súa axencia de representación. O centrocampista, criado na Madroa, deixa o Celta cun sabor agridoce: ben considerado pola bancada, pero apartado polo club.
Agora, ao liberar esta ficha e un soldo importante, na entidade celeste dispoñen de marxe de manobra para facer algunha incorporación. Fran Navarro parecía o anuncio máis inmediato, pero nas últimas horas parece que as posturas se afastaron. O Gil Vicente convoca ao dianteiro, que parecía ter todo apalabrado para a súa chegada a Balaídos, pero o acordo co club luso, que roldaba os 5 millóns, parece agora imposible.
SEFEROVIC
Algunhas informacións apuntaban durante o día que Campos parece traballar a contrarreloxo nunha incorporación de moito nivel. O nome que saltou esta mañá é o de Seferovic, un vello coñecido da liga tras o seu paso pola Real Sociedade hai uns anos. O suízo, internacional co seu país, despuntou no seu paso polo Eintracht e no Benfica, dono dos seus dereitos, que o cedeu ao Galatasaray, desde onde podería vir con opción de compra ante a falta de oportunidades: pouco máis de 600 minutos en Turquía en só trece partidos.
Finalmente o seu desembarco en Vigo concretouse esta tarde, pasadas as 20:30 horas, e para malestar dunha inchada que reclamaba á entidade olívica reforzar outras parcelas e non centrar os seus esforzos na chegada dun atacante que este curso aínda non viu porta.
HUGO MALLO
Por outra banda, de novo no capítulo de saídas, esta o nome de Hugo Mallo. O capitán celeste parece perder todo o protagonismo no club e estaría disposto a buscar unha nova aventura lonxe da súa casa. A última hora de onte sóubose do interese de clubs da MLS en recrutalo e mesmo da disposición do 'Chacho' Coudet, agora preparador do Atlético Mineiro, de incorporalo no conxunto brasileiro.
#CD LUGO
En Lugo a prioridade agora é atopar unha substitución para Fran Xusto. O expreparador do Arenteiro non logrou o obxectivo na súa primeira experiencia no fútbol profesional. Apenas dous meses despois da súa chegada ao Anxo Carro, o técnico galego fai as maletas cun vagaje moi pobre e sen facer méritos para mellorar o que deixou Hernán Pérez.
O medo nos albivermellos é que alguén leve a última hora a Chris Ramos, que podería facer as maletas rumbo a Cádiz por 1,5 millóns, mentres os andaluces sopesan facer ese desembolso ou lanzar a por Sergi Guardiola, do Real Valladolid.
Escribe o teu comentario