Joselu fai esquecer a RDT sen ser "o primo irmán de Van Basten"
Non lle falta empeño para porta, pero é un equipo con moitas carencias tanto na construción como na retagarda e na contención do partido. JOSELU...PICHICHI?Tanto se aferran a Joselu, que o ariete ten opcións de pelexar polo Zarra e ata polo pichichi nun campionato que ten un claro acento galego: Iago Aspas, Brais Méndez, Borja Igleisas e el son os máximos realizadores da liga, con cinco dianas os dous primeiros e seis os dous últimos. Diego Martínez sabe que para gañar necesita que Joselu manteña este rendemento, pero tampouco quere egos no seu vestiario.
Con seis tantos en oito xornadas, nas que o xogou todo, Joselu é a gran referencia ofensiva dun Espanyol huerfano desde a espantada de Raúl de Tomás.
O técnico dos periquitos non quere egos nin euforias, pero di estar "encantado" co rendemento ofrecido polo dianteiro galego.

A algúns equipos botoulle para atrás a súa idade. Con 32 anos, Joselu esperaba asinar un último gran contrato e non lle faltaban pretendentes, pero o que si lle faltaban eran propostas firmes. Falouse dun regreso ao Celta, vinculoullo cun Valencia en reconstrución...pero nunca pasaron de ser flirteos co galego, que acababa contrato co descendido Arabés, onde se inchou a marcar goles. Foi o Espanyol o que apostou por el no verán como recambio de un Raúl de Tomás polo que ía suspirar media Europa e que ía ir ao Mundial. Só cumpriuse o prometido por Joselu: goles e máis goles, mentres que RDT foise pola porta de atrás e sen xogar ata xaneiro.
O culebrón con de Tomás non se resolveu ata o outono, pero iso non ía con Joselu, que leva oito xornadas facendo o que mellor sabe facer. Demostrouno no seu debut ante o Celta, cun gol agónico no 98. Non lle tremeu o pulso desde os once metros. Demostrouno cun dobrete a semana pasada ante o Cádiz, e tamén ante o Valencia, ante o Sevilla e fronte ao Real Madrid.
Seis goles coa súa firma dos once anotados polo o equipo barcelonés, de canga baixa na táboa pero con Joselu en plena forma. O seu dianteiro é a mellor baza do cadro catalán, que suma só seis puntos nun mal arranque. Non lle falta empeño para porta, pero é un equipo con moitas carencias tanto na construción como na retagarda e na contención do partido.
JOSELU...PICHICHI?
Tanto se aferran a Joselu, que o ariete ten opcións de pelexar polo Zarra e ata polo pichichi nun campionato que ten un claro acento galego: Iago Aspas, Brais Méndez, Borja Igleisas e el son os máximos realizadores da liga, con cinco dianas os dous primeiros e seis os dous últimos.
Diego Martínez sabe que para gañar necesita que Joselu manteña este rendemento, pero tampouco quere egos no seu vestiario. "Estou encantado co rendemento de Joselu. Hai dous meses diciades que o buscabamos pouco, e agora que moito. Agora, non é o primo irmán de Marco Van Basten", reflexionaba o técnico na previa do partido contra o Real Valladolid. Sen ser familia do 'Cisne de Utrecht', Joselu gañouse o agarimo da bancada, aquel que non quixo RDT.
Escribe o teu comentario