O Deportivo da Coruña destitúe a Borja Jiménez, incapaz de remontar a un equipo en crise
Como adiantou onte Galiciapress, esta mañá o Consello do Deportivo da Coruña reuniuse para tratar o cesamento do técnico de Ávila.
Como adiantou onte Galiciapress, esta mañá o Consello do Deportivo da Coruña reuniuse para tratar o cesamento do técnico de Ávila.
A mala serie de resultados, o fracaso deportivo do ano pasado e a incapacidade do adestrador para conectar coa bancada, motivos do seu despedimento.

Era un secreto que ninguén se atrevía a anunciar, pero xa onte nas páxinas deste medio puideron ler que o cesamento de Borja Jiménez era cuestión de horas e así foi. Onte dirixiu o seu último adestramento en Abegondo e esta mañá fixo as maletas para abandonar o Deportivo da Coruña despois de pouco máis dunha tempada no cadro branquiazul. O pobre resultado cultivado ante o Raio Majadahonda, outro equipo en horas baixas e que ata a visita do Dépor só cultivara un puntiño, fulminó a traxectoria do técnico castelán-leonés na Coruña.
Pero non só o empate. O principal motivo para a saída do adiestrador non é unicamente o pobre rendemento dun persoal chamado a loitar, polo menos, pola promoción, senón a súa incapacidade para lograr un vinculo coa bancada que non existiu en ningún momento desde a súa chegada.
Discutido por un sector da afección, xa o ano pasado pediron a súa cabeza pola eliminación en playoff ante o Albacete. A dirección deulle confianza para outro ano máis, pero parece evidente que foi unha decisión equivocada.
Óscar Cano preséntase agora como a alternativa para reanimar aos herculinos. A sete puntos do líder e a seis do descenso, o Dépor deambula pola metade da táboa nun grupo perigoso, cun Racing de Ferrol que se erixiu como o líder da clasificación, pero que mira de esguello a melloría de conxuntos como Alcorcón, Cultural Leonesa, Córdoba ou Real Madrid Castela.
Escribe o teu comentario