Brais Méndez, a fichaxe discreta da Real Sociedade que derruba a porta de Luís Enrique para o Mundial

O nivel ofrecido polo centrocampista galego neste inicio de tempada posiciónao como un firme candidato a integrar a lista de mundialistas para Qatar.

 


|

O nivel ofrecido polo centrocampista galego neste inicio de tempada posiciónao como un firme candidato a integrar a lista de mundialistas para Qatar.

 

Con cuarto goles é o máximo realizador da Real Sociedade, que este verán apostou por el investindo 14 millóns para sacalo do Celta de Vigo. 

 

Brais mu00e9ndez
Brais Méndez | Foto: Real Sociedade

 

Se houbese unha entrada nos dicionarios para o termo 'caer de pé', ao seu lado tería que saír unha foto de Brais Méndez. O de Mos é, con todo dereito, un dos nomes propios neste arranque de liga. Nun campionato no que se realizaron fichaxes bomba como os de Lewandowski, Cavani ou Tchouaméni, a contratación do galego pola Real Sociedade puido pasar desapercibida para moitos, pero o centrocampista rapidamente ha desepejado calquera atisvo de dúbida no campo, onde adoita falar, facendo ruído en forma de goles. 

 

UN DOS MELLORES DA liga

Os seus números son incontestables nunha Real que marcha sétima a só dous puntos de Champions e que é o cuarto club coa pólvora máis fresca, só por detrás dos tres primeiros clasificados. Con catro goles en sete aparicións é o máximo anotador dos txuriurdines, cos que tamén se estreou en Europa, co gol do triunfo na histórica vitoria en Old Trafford fronte ao Manchester United

 

Forma parte ademais do cuarteto de galegos que lideran a liga no que a efectividade refírese, xa que Joselu, do Espanyol, suma tantos goles como el, mentres que Aspas, con cinco, e Borja Iglesias, con seis, perseguen o trofeo Zarra ou mesmo o Pichichi, que hoxe iría para a vitrina de Lewandowski, con nove dianas.

 

BRAIS...NO MUNDIAL?

Pero a influencia de Brais vai máis aló dos goles, aínda que igualou xa as súas cifras da tempada pasada. Os seus compañeiros búscano tamén como condutor do xogo e como líder do ataque ante a ausencia de Oyarzabal. Os 14 millóns investidos parececen agora unha ganga en Anoeta, onde se adiantaron á Premier League, que levaba anos sondando ao galego. 

 

Outro que segue de preto a súa progresión é Luís Enrique, que xa o citou para a selección algunha vez, mesmo cando o seu nivel non era tan alto com0 o que está a ofrecer neste arranque de campaña. Por iso, está en moitas papeletas para o Mundial de Qatar.

 

"Son decisións que el toma. Ten moitos xogadores entre os que elixir, el decide e hai que respectar. El leva aos que considera que máis van achegar desde ese momento, a respectar e desde casa a apoiar", comentaba hai uns días para Noticias de Gipuzkoa. Queda aínda un último asalto e un gran mes de outubro pode catapultarlo ao Mundial. Con Brais todo é posible.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE