Michel Salgado convoca a equipos de todo o planeta para o seu torneo, que terá lugar en Vigo esta agosto

Equipos de todo o mundo participarán no Torneo Internacional Michel Salgado, que se celebrará entre os próximos 19 e 28 de agosto nas instalacións deportivas da Madroa e no campo José Costas de Candeán, en Vigo.


|

O exfutbolista, xogador do Real Madrid ou Celta de Vigo entre outros, orgasniza o III Torneo Internacional Michel Salgado, impulsando o futbol base. 

 

A competición aspira a converterse no mellor torneo internacional de España e un referente a nivel mundial.

 

Presentación do Torno Internacional Michel Salgado.
Foto: EP

 

Equipos de todo o mundo participarán no Torneo Internacional Michel Salgado, que se celebrará entre os próximos 19 e 28 de agosto nas instalacións deportivas da Madroa e no campo José Costas de Candeán, en Vigo.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiron este venres á presentación da M2 Cup Torneo Internacional Michel Salgado, levada a cabo na sede do Real Club Celta.

Tal como informou o Goberno galego, esta terceira edición do evento, que é apoiado pola Xunta, aspira a converterse no mellor torneo internacional de España e un referente a nivel mundial.

Neste sentido, Lete Laza agradeceu ao exfutbolista Michel Salgado, natural do concello pontevedrés das Neves, a súa aposta por Galicia para acoller este torneo e a posibilidade de que clubs máis modestos poidan participar para medirse ás grandes canteiras internacionais.

 

EQUIPOS DE ESPAÑA E O ESTRANXEIRO

Fernández-Tapias destacou a importancia de que Vigo acolla eventos tan importantes como este "polo que significa para a cidade, polo que supón para o fomento do deporte basee e polos valores que representa de compañeirismo, esforzo, traballo, respecto e superación".

O III Torneo Internacional Michel Salgado dará comezo o 19 de agosto e prolongarase ata o 28 deste mes. Contará con equipos de diferentes categorías de España e estranxeiros, desde prebenjamines, benjamines e alevíns, que xogarán na modalidade de fútbol 8; ata infantil, cadete e xuvenil, que xogarán con 11 en cada equipo. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE