Antía Muíño ultima os preparativos do seu novo disco co lanzamento de 'Mentres soño e vivo'

A compostelá estreará o seu novo directo o 5 de marzo no Teatro Principal de Santiago de Compostela.


|

Unnamed (80)
Unnamed (80)

 

Este 2026 promete ser apertado na axenda de Antía Muíño. A santiaguesa, unha das voces máis singulares da canción en Galicia, segue de xira con Baiuca como un dos compoñentes do espectáculo do de Catoira. En paralelo, prepara o despegamento do seu novo traballo, 'Anfibia Por veces', que verá moi pronto a luz e que a terá ocupada este ano con moitos concertos para presentar o seu segundo disco. 

 

 

ESTREA E XIRA

Antes de que este LP vexa a luz o próximo 20 de febreiro, a compostelá prepara o terreo co avance de 'Mentres soño e vivo', unha das conciones que esconde este traballo e que resulta un exercicio de introspección e reflexión da artista, acompañada pola guitarra para reforzar o carácter íntimo deste tema. 

 

"Crúa e emocionante", como se define, este sinxelo é o terceiro e último lanzamento antes da estrea do disco desta galardoada no Premio Martín Códax en 2022, ano no que estreou 'Carta aberta', o seu primeiro álbum.

 


  Con 'A beleza' e 'Augha desa fonte', Antía Muíño deixa aos fans cos dentes longos antes da estrea e do primeiro concerto con motivo do novo disco, que será o 5 de marzo no Teatro Principal de Santiago de Compostela, no marco do ciclo Fiestra Aberta. Antes, o próximo 19 de febreiro, ten unha cita co público en Zaragoza, só un día antes de cortar a cinta inaugural a esta nova etapa que a levará a salas de distintos recunchos da xeografía nacional, como Huesca, Madrid, Murcia, Barcelona ou San Sebastián, entre outras.

 

Unnamed (81)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE