Cartel do Gozo Festival 2026: Maroon 5, Martin Garrix, Miriam Rodríguez, Danny Ocean e Rita Ora

A nova edición do evento, que terá lugar o 11 de xullo, trae á capital galega a algúns dos mellores artistas do panorama internacional.


|

WhatsApp Image 2025 12 12 at 13.08.00
Rita Ora, Martin Garrix, Maroon 5, Danny Ocean e Miriam Rodríguez

 

"E bo nadal", debeu de pensar o encargado de darlle ao click no momento de dar a coñecer o cartel da próxima edición do Gozo Festival. Para 2026, Live Nation e Sweet Nocturna, promotores desta cita que xa se consolidou como unha das máis esperadas en Galicia e no noroeste peninsular, botaron o resto para confeccionar unha programación de altura, tal e como nos veñen afeitos para este evento que abarrota o Monte do Gozo e que o ano que vén quedará, con total seguridade, sen papel para imprimir todos os boletos que demandarán os fans que xa gozaron de Maná ou David Guetta o ano pasado.

 

 

MOITO PARA GOZAR

"Será un verdadeiro Gozo!", anuncian os organizadores, que obrigan coa publicación do cartel a marcar en vermello o próximo 11 de xullo como unha data indispensable para os máis festivaleros, pois á capital galega acudirán algúns dos artistas máis demandados do panorama internacional e nacional.

 

O primeiro gran nome é o de Maroon 5. A banda que lidera Adam Levine aterra no Monte do Gozo co título 'Love is Like' debaixo do brazo, o último álbum dunha traxectoria de máis de dúas décadas que lles reportou, entre outros, tres premios Grammy ou oito Billboard Music Awards grazas a temas como 'Moves like Jagger', 'Payphone', 'Sugar' ou 'Girls like you'.

 

Non terá menos espectación a actuación do venezolano Danny Ocean, a nota latina desta edición, mentres que un vello coñecido por estas lareiras, como Martin Garrix, será que o que poña o punto electrónico e house á noite compostelá. Os dous estarán fenomenalmente flanqueados pola polifacética Rita Ora e as súas influencias no R&B, o hip-hop ou o tecno e por Miriam Rodríguez, unha artista do país con miles de fans en Galicia desexosos de ver a nova proposta da exconcursante de OT. 

 

WhatsApp Image 2025 12 12 at 12.46.09

 

O anuncio, ás portas do Nadal, anima a moitos a deixar un ou dous tickets debaixo do arbolito para o próximo verán. A preventa abrirase o próximo 17 de decembro ás 10 horas a través de Live Nation S.Music, a preventa en Live Nation o 18 de decembro á mesma hora e, só un día despois, tamén ás 10 horas, a venda de entradas xeral. Todos co dedo posto no rato, porque, seguro, van voar dos despachos de billetes. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE