Arqueólogos acusan a profesores de Uvigo e USC de explotación en Eirós e Armeá

Un sindicato alerta que en escavacións tan importantes como a de Cova de Eirós ou Armeá tírase de voluntarios para realizar o traballo de campo mentres que os profesores quedan no despacho pero asinan eles sós os artigos científico produto do traballo de grupo. 


|

 

Trabajos de excavación arqueológica en la Cueva Eirós, en Triacastela (Lugo).
Arquivo.- Traballos de escavación arqueolóxica na Cova Eirós, en Triacastela (Lugo).

 

Galicia presume dun patrimonio arqueolóxico envexable que, campaña tras campaña, copa titulares con novos achados sobre o noso pasado romano, castrexo ou prehistórico. Con todo, tras as fotos oficiais de autoridades e directores de escavación, escóndese unha realidade laboral moito menos fotoxénica que comezou a axitar as augas do sector. A Sección de Arqueoloxía de Solidariedade Obreira lanzou un duro comunicado no que sinala directamente ás institucións públicas e académicas da comunidade por perpetuar o que, din, é  un modelo de explotación laboral encuberta que se sustenta no traballo non remunerado de estudantes e recentemente titulados.

 

Sinalan a unha práctica que, lonxe de ser anecdótica, converteuse en estrutural dentro do sistema universitario galego: o uso da figura do "voluntariado" para cubrir postos que deberían ser laborais. Segundo a organización sindical, baixo a premisa da formación práctica, están a sacarse adiante centos de intervencións arqueolóxicas sen que a man de obra reciba salario algún nin xere dereitos de cotización. Esta dinámica, advirten, é especialmente grave nun sector que xa arrastra unha precariedade histórica e que ve como as institucións públicas, garantes teóricos do benestar social, son as primeiras en normalizar a gratuidade do traballo.

 

O funcionamento desta engrenaxe é descrito polo sindicato como unha transferencia desigual de beneficios. Mentres os proxectos promovidos polas universidades xeran un caudal de datos científicos que son capitalizados exclusivamente pola cúpula académica —catedráticos e investigadores principais con contrato estable—, quen pican pedra, criban terra e limpan material non reciben nada a cambio. Os directores dos proxectos transforman ese esforzo colectivo en artigos de impacto, sexenios, méritos para a carreira funcionarial e ascensos salariais. Por contra, a base da pirámide, formada por quen executan o labor físico e técnico, permanece na invisibilidad profesional.

 

 

 

 

 

Un abismo entre o prestixio e a precariedade

Esta situación non é abstracta e ten nomes propios na xeografía galega. O comunicado sindical cita exemplos concretos que ilustran esta asimetría, sinalando intervencións de gran renome como as realizadas en Cova Eirós (Triacastela), fundamental para entender o Paleolítico no noroeste, ou o xacemento de Armeá (Allariz). Nestes escenarios, denuncian, son as "voluntarias" quen asumen o peso da escavación e a posterior análise de materiais, mentres que a autoría intelectual e os réditos curriculares recaen en investigadores que, en ocasións, teñen unha presenza testemuñal no traballo de campo. Estas prácticas contan, segundo a denuncia, co aval da Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela.

 

Até o momento da redacción desta noticia, nin os reitorados das citadas universidades nin os responsables directos dos proxectos mencionados han emitido unha resposta oficial ás acusacións concretas vertidas esta mañá por Solidariedad Obreira. Segundo figura na web da USC,  o principal investigaor da Cova de Eirós é o catedrático Ramón Fábregas Valcarce. De acordo ao portal da Universidade de Vigo das investigacións do xacemento de Armeá, en Santa Mariña de Augas Santas, é o profesor de historia Adolfo Fernández. 

 

Ramu00f3n Fabregas con el conselleiro de Cultura en una visita a la Cova Eiru00f3s
Ramón Fabregas co conselleiro de Cultura nunha visita á Cova Eirós

Habitualmente, desde o ámbito académico deféndese este modelo argumentando que as campañas de verán constitúen unha extensión necesaria da docencia e unha oportunidade insubstituíble para que o alumnado adquira competencias prácticas que non poden simular nunha aula. Con todo, para os sindicatos, a liña que separa a aprendizaxe da substitución de postos de traballo cruzouse hai tempo, convertendo a formación nunha escusa para obter rendemento científico a custo cero.

 

A perpetuación deste sistema ten consecuencias profundas que van máis aló do puramente económico. Ao normalizar que o acceso á experiencia profesional pase por traballar gratis, estase cronificando a precariedade e atrasando a entrada real dos mozos ao mercado laboral. Ademais, Solidariedade Obreira advirte de que isto xera unha barreira de clase e de xénero: só quen pode permitir traballar sen cobrar pode facer carreira na arqueoloxía. A central lembra que isto afecto maioritariamente a mulleres novas en etapa formativa, consolidando unha brecha que expulsa a quen non teñen un colchón económico familiar que os sustente. 

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE