A Xunta pon en marcha varios proxectos editoriais para favorecer o acceso universal á lectura
Segundo indicou a Xunta nun comunicado, esta é unha medida enmarcada nos obxectivos da lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia que foi aprobada o pasado ano.
A Xunta colabora con 22 proxectos editoriais para favorecer o acceso universal á lectura e a creación literaria mediante as subvencións para edición de audiolibros e libros de lectura fácil.
A resolución desta liña de axudas foi publicada no Diario Oficial de Galicia (#DOG) e o obxectivo da iniciativa é apoiar ao sector editorial nos gastos derivados da produción, distribución e comercialización das publicacións en galego.
Segundo indicou a Xunta nun comunicado, esta é unha medida enmarcada nos obxectivos da lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia que foi aprobada o pasado ano.
Escribe o teu comentario