Estala A Rapa das Bestas de Sabucedo na súa primeira edición como Ben de Interese Cultural Inmaterial
Cabe lembrar que esta celebración xa contaba co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional e que se trata ademais dunha das festas máis antigas de Galicia, con tres séculos de historia
A parroquia de Sabucedo, no concello pontevedrés da Estrada, celebrou un ano máis a súa famosa Rapa das Bestas pero, nesta edición, co recoñecemento de Ben de Interese Cultural na categoría de patrimonio inmaterial.
"Calquera que a viviu sabe o impactante e extraordinaria que é esta tradición, que merecía esta máxima protección polo seu valor cultural singular", aseverou este sábado o titular de Cultura do Goberno galego, José López Campos.
Cabe lembrar que esta celebración xa contaba co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional e que se trata ademais dunha das festas máis antigas de Galicia, con tres séculos de historia, e que reúne a miles de persoas nunha aldea que non supera os 60 habitantes durante o resto do ano.
Con esta aprobación xa son 789 os Bens de Interese Cultural existentes en Galicia, dos cales 116 foron declarados a partir da entrada en vigor da Lei de Patrimonio Cultural de 2016.
Escribe o teu comentario